Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SOÑOS NO LIMIAR

€19,95
ISBN 9788484875659

Candemaia xorde da necesidade de que as candeas e estrelas que lle dan nome acheguen luz a unhas vidas que un día nos amosaron a súa faciana máis negra.

Son libros traducidos e escritos por mulleres para que con historias de nenas, mozas e adultas, fiemos un tecido máis humano, máis respectuoso. Cada libro leva a achega dun home porque esta colección está feita a latexos igualitarios. De todos sacaremos algo, leremos sobre vidas, ficticias ou reais, e non nos deixarán indiferentes.

Soños no limiar de Fatema Mernissi (1940-2015) foi a súa única novela, onde narra unha falsa autobiografía sobre a súa infancia nun harén en Fez nos anos 40. A ollada tenra dunha nena que ve o mundo que a rodea e non entende, a visión do masculino e o feminino, os soños e esperanzas arrolados polos contos de Scheherezade e as princesas dos Contos das mil e unha noites.

Polo medio de historias cóntanos que é un harén ou onde están os límites da hudud, vainos facendo pensar e sentir desde unha físgoa moi estreita un mundo moi amplo como é o árabe desa época. Un relato cheo de tenrura, nostalxia, espectáculos, bailes, comidas, sabores, sons, porque as palabras son o verdadeiro camiño á liberdade.

Fatema Mernissi (1940-2015), historiadora, escritora, socióloga e ensaísta marroquí, foi Doutora en Psicoloxía e profesora universitaria. Defensora dos dereitos da muller e o seu papel no mundo árabe, o pensamento humanista, o estudo do Corán e a influencia de occidente no mundo árabe.

Entre as súas obras destacan Beyond the Veil (1975), Le Maroc raconté par ses femmes (1983), Le harem politique (1987), Sultanes Oubliés (1990) ou Dreams of Trespass: Tales of a Harem Girlhood (1994).

No ano 2003 recibiu, xunto con Susan Sontag, o Premio Príncipe de Asturias das Letras. Tamén foi asesora da UNESCO. Con Jamila Hassoune, creou a Caravane Civique, para levar libros ao rural marroquí, ademais doutras moitas iniciativas culturais.

Tradución de Rocío Viéitez Ferro

____

Editorial: Laiovento 2022
Idioma: Galego