O novo libro de Xavier Queipo establece un xogo dobre co lector, xa que se trata duns textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega, que se publican despois nun libro. Texto electrónico e texto impreso para dous tipos de lectura e momentos diferentes.
As Cartas marcadas, de Xavier Queipo non teñen nada que ver coa idea de "xogar con avantaxe" senón co concepto de "marca" referido ao tipo de tema do que se trata, que está ben definido: a escritura e a lectura. Os libros e o seu universo. A experiencia da literatura como escritor e lector, comezando por un texto sobre a lectura titulado simplemente "Ler", pasando seguidamente á teoría cinética dos gases en "A ficción, fábrica de realidades" para seguir cos temas máis diversos, coma os libros que levar cando se viaxa, a autoironía do autor en "A cita, ese síntoma", reflexións sobre a literatura nos cadernos de bitácora, as semellanzas entre certos conceptos de astronomía e a literatura na blogosfera, os escritores galegos biólogos ou a arte de editar. Así ata vintecatro textos. Unha frase escoitada ou unha cita subliñada serven de punto de partida para unha argumentación posterior. A lembranza dunha paisaxe, unha prospección nocturna nos labirintos da memoria, unha foto atopada entre as páxinas dun libro ou simplemente unha idea que agroma van compoñendo devagar un libro diferente, apaixonado e sincero.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego