Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS DESHEREDADOS

€22,00
ISBN 9788412340990
O que aquí se conta son historias compostas no entreveramento da realidade dos feitos e dos ficticios personaxes que o autor foi imaxinando, concentrándose as mesmas na vida deses emigrantes que noutrora tiveron que saír do país a outras zonas e terras, moitas veces distantes do fogar. Así, podería dicirse que este libro nada é máis do que unha sucesión de aconteceres e vivencias de xentes que por ventura naceron polas nove aldeas que forman parte da Terra de Arriba, unha ampla zona do Concello de Vilardevós, xentes que un bo día lles deu por se espallaren polo mundo adiante, na procura doutros medios de vida. Historias hai neste volume que son como un crisol de experiencias e recordos, de situacións que hogano parecen doutra época e que, non embargantes, sucederon como quen din onte.

____

Editorial: Toxosoutos
Idioma: Galego