Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SETE CAVEIRAS

€18,50
ISBN 9788499145693
Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas.

Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas. E cos cadáveres que, ao longo dos días seguintes, irán aparecendo na ría de Vigo. Pero ninguén máis o sabe. Sobre a mesa de Marta Vilas comezan a amorearse os xoguetes de colección. Un click motorista roubado do peto dun motorista, un click garda civil atopado preto do corpo dun membro da benemérita, un click pirata esquecido no coche dun informático asasinado... Para a xornalista, apartada da sección de Sucesos por diferenzas co redactor xefe do seu diario, descubrir a identidade do criminal convértese nunha obsesión. Aínda que nunca poderá contar todo o que sabe. Trepidante e por momentos divertida, Sete Caveiras fía unha serie de asasinatos en escenarios reais con sinalados acontecementos dos anos oitenta. Esta novela, tamén homenaxe da autora á profesión xornalística, tece unha engaiolante trama de intriga con banda sonora da Movida.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • A PRAIA DOS AFOGADOS

    Domingo Villar
    €23,00

    Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeir...

    Ver todos os detalles
  • UN TIPO LISTO

    UN TIPO LISTO

    Xosé Monteagudo
    €19,70

    Premio García Barros 2009 Un tipo listo iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta d...

    Ver todos os detalles
  • A MEMORIA DA CHOIVA

    A MEMORIA DA CHOIVA

    Librería Abrente
    €24,50

    Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Sa...

    Ver todos os detalles
  • A GALERNA DE 1961

    A GALERNA DE 1961

    Hixinio Puentes Novo
    €32,00

    O recordo da catástrofe marítima que en 1961 custou a vida a 83 mariñeiros no Cantábrico, revive agora da man de Hixinio Pontes, un libro sobre a...

    Ver todos os detalles
  • OFRENDA Á TORMENTA

    OFRENDA Á TORMENTA

    Librería Abrente
    €23,00

    Na derradeira e contundente novela da triloxía de Dolores Redondo ambientada no Val do Baztán, topamos de novo coa inspectora Amaia Salazar, da Pol...

    Ver todos os detalles