Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NOMES DE FUME

€13,00
ISBN 9788494596742
En Nomes de fume conflúe un exercicio de concentración expresiva admirable de xeito que os versos van alén do papel para seren frechas cravadas na conciencia que permanecen durante tempo para que nos fagamos preguntas, para interpretalos e sentilos.

Honesto, transparente, vibrante…, talvez haxa máis  adxectivos para definir este libro de Míriam Ferradáns, mais estes son os que se me ocorren para cualificar Nomes de fume, galardoado na última convocatoria do Xosemaría Pérez Parallé. Nomear o que xa é cinsa, evocar o que non está ou está pero transformado, reapropiarse da memoria e non deixala fuxir, esconxurar o pánico que produce a perda, a ausencia, o non-ser… poden ser, talvez, os esteos sobre os que a autora de Bon erixe un universo emocionalmente intenso e luminoso, malia medrar ou inspirarse, en contraste, nos ámbitos máis sombríos do doméstico ou do cotián. Ferradáns  é quen de proxectar a forza e intensidade dun discurso que vai alé do íntimo e privativo para percorrer, coma se fose un calafrío, a res de quen o lea. Faino así, se cadra, porque o tacto, a pel ou o corpo reclaman e reivindican as funcións para as que foron creadas, isto é, para tocar, sentir e amar. Contra isto transitan os ecos e as presenzas do monstro, que é un mais tamén son varios, pois ás veces é o dogma, outras case todo aquilo que nos ensinaron, para retornar “ao espazo necesario / onde doe”: un territorio que cómpre habitar para espaventalo coa palabra limpa e aceirada. En Nomes de fume conflúe un exercicio de concentración expresiva admirable de xeito que os versos van alén do papel para seren frechas cravadas na conciencia que permanecen durante tempo para que nos fagamos preguntas, para interpretalos e sentilos. Dise neste libro que “o que non se pronuncia non existe”, e repítese a xeito de ladaíña ou salmodia porque neste libro hai tamén moito de liturxia e liberación. Eu afírmoo unha vez e probablemente abonde: pronuncio Nomes de fume con convicción, para contribuír a que exista e dure no tempo. Ben o merece, tamén o prólogo de Dores Tembrás: brillante e atinado. Caderno da Crítica  

____

Editorial: Espiral Maior
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • AS CHAMADAS PERDIDAS

    AS CHAMADAS PERDIDAS

    Manuel Rivas
    €17,00

    Como cando as paredes oen aos amantes, “Así, máis, máis, máis”, estes novos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e O lapis d...

    Ver todos os detalles
  • AGOSTO

    AGOSTO

    Míriam Ferradáns
    €12,00

    Agosto explora o lugar da perda. O poema sostense precisamente no salto entre a memoria e a actualización da esgazadura. Non hai lugar para a tramp...

    Ver todos os detalles
  • AS CASAS

    AS CASAS

    Carlos Lixó
    €13,00

    xxx Premio Nacional de Poesóa Xosé María Pérez Parallé  Carlos Lixó (Carreira, Ribeira, 1991) gañou o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Pa...

    Ver todos os detalles
  • AS AVENTURAS DE NONO

    AS AVENTURAS DE NONO

    Jean Grave
    €12,00

    El libro clásico de la educación libertaria. Nono é un neno da época, coas inquietudes propias da súa idade. A súa particularidade radica no seu a...

    Ver todos os detalles
  • A CASA DO PAI

    Karmele Jaio
    €16,50

    Jasone e Ismael son unha parella que arrastra certa crise dende que as fillas abandonaron a casa familiar. El, escritor, pasa por un momento de blo...

    Ver todos os detalles