Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

MATAR O HEROE

€23,00
ISBN 9788491513520
Ao rematar a Gran Guerra, Charles Bonne-Mort tenta aturar as eivas que lle legou o masacre industrializado.

Escríbelle aunha antiga e íntima amizade, o xendarme René Saint-Rien, con quen compoartiu a tortura e o horror das trincheiras. As súas cartas, á vez laio de despedida e berro de auxilio, adquiren un ton confesional no que o protagonista da novela repasa os rostros máis escuros da propia existencia e as peripecias que viviu co seu camarada de armas. Será capaz de sobrevivir outra vez? Convertido en taxidermista na Güiana Francesa, loita consigo mesmo e contra uns cobizosos adversarios que trazan un plan para acabar co pouco que lle queda de vida. Nun territorio gobernado polo absurdo, a vida alegre do París fin de siècle, as noites de permiso en Pigalle e a ameaza dos obuses do canón Gran Berta dan paso ao clima abafante dunha vila illada pola selva. Adolfo Caamaño artella unha historia onde o realismo extremo convive coas situacións absurdas nunha lograda fórmula que combina a literatura grotesca de Jarry coa paixón pola exactitude de Zola. Narrativa cun senso do límite que sitúa a quen le na posición da decisión fronte á ficción. Unha novela singular, un universo ficcional único.
PREMIO VILAR PONTE DE NOVELA 2018

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego