Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

RUNRUN

€16,40
ISBN 9788411763318

Tras a prematura morte dos seus pais, Aldara sofre un episodio psicótico, e a súa irmá, Uxía, faise cargo, soa, da situación.
Esta é a historia de Uxía, unha xanela para asomarnos á súa vida. Apenas unhas horas que nos deixan ver os seus afectos, os escollidos e os que veñen dados, que por veces se volven caníbales, das circunstancias e dos prexuízos que nos atrapan, e de como todo pode virar nun momento, do fácil que é estar no outro lado do espello, iso que tanto tememos.

ANA VARELA (Narón, 1978) é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Actualmente traballa como tradutora e intérprete da Administración de Xustiza no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En 2017 gañou o XXI Certame de Poesía Francisco Añón co seu primeiro libro, Asombrario, e en 2019 o VI Premio Gonzalo López Abente co poemario Onde nacen as hedras. Algúns dos seus poemas tamén viron a luz na revista Dorna.

Runrún é a súa primeira novela.


____

Editorial: Galaxia 10-2024
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • DIARIO DUN ENTERRO

    DIARIO DUN ENTERRO

    Gonzalo Hermo
    €14,70

    Xacobe, un escritor mozo que vive en Barcelona recibe subitamente a noticia da morte do seu avó materno. XIII Premio de Narrativa Breve Repsol 201...

    Ver todos os detalles
  • SEMPRE HAUSA

    Babarro González, Xoán
    €12,40

    A historia dun rapaz novo obrigado a cambiar de mundo e que a pesar de todo non deixa de ser el mesmo. Abduhali é un rapaz nacido en Áf...

    Ver todos os detalles
  • UBASUTE

    Paula Carballeira
    €12,00

    Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, ...

    Ver todos os detalles
  • AS VIDAS DE… ANTONIO FRAGUAS

    AS VIDAS DE… ANTONIO FRAGUAS

    Xosé Antonio Neira Cruz
    €12,90

    Hai moitas maneiras de achegarse á vida e á obra dun autor...Esta que nos propón o escritor Xosé A. Neira Cruz é das máis orixinais que verás na tú...

    Ver todos os detalles
  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles