Próximos e accesibles, os obxectos cotiás que protagonizan estes versos elévanse á categoría literaria. Musicalidade e harmonía nunha proposta que une poesía e imaxe por e para os pre-lectores.
A colección Do berce á lúa está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade, para os que se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo acuñado para designar unha nova modalidade de poesía pictográfica baseada na procura dun ritmo de lectura que axude a educar o ollo e adozar o oído do pequeno lector, como explica Antonio Rubio.
____
Editorial: Kalandraka
Idioma: Gallego