Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CARTAS MARCADAS

€19,70
ISBN 9788498652697
O novo libro de Xavier Queipo establece un xogo dobre co lector, xa que se trata duns textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega, que se publican despois nun libro. Texto electrónico e texto impreso para dous tipos de lectura e momentos diferentes.

As Cartas marcadas, de Xavier Queipo non teñen nada que ver coa idea de "xogar con avantaxe" senón co concepto de "marca" referido ao tipo de tema do que se trata, que está ben definido: a escritura e a lectura. Os libros e o seu universo. A experiencia da literatura como escritor e lector, comezando por un texto sobre a lectura titulado simplemente "Ler", pasando seguidamente á teoría cinética dos gases en "A ficción, fábrica de realidades" para seguir cos temas máis diversos, coma os libros que levar cando se viaxa, a autoironía do autor en "A cita, ese síntoma", reflexións sobre a literatura nos cadernos de bitácora, as semellanzas entre certos conceptos de astronomía e a literatura na blogosfera, os escritores galegos biólogos ou a arte de editar. Así ata vintecatro textos. Unha frase escoitada ou unha cita subliñada serven de punto de partida para unha argumentación posterior. A lembranza dunha paisaxe, unha prospección nocturna nos labirintos da memoria, unha foto atopada entre as páxinas dun libro ou simplemente unha idea que agroma van compoñendo devagar un libro diferente, apaixonado e sincero.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • OS ESPELLOS DO TEMPO

    OS ESPELLOS DO TEMPO

    Vítor Vaqueiro
    €19,70

    Entre a fotografía, a imaxe e a literatura, a nova novela de Vítor Vaqueiro sitúa os lectores perante unha narrativa que transcribe os fragmentos d...

    Ver todos os detalles
  • A PONTE DAS POLDRAS

    A PONTE DAS POLDRAS

    Chus Pato
    €10,50

    Con A ponte das poldras incórporase á colección Dombate, que Galaxia dedica á poesía, unhas das autoras que máis traballa por facer da literatura u...

    Ver todos os detalles
  • A VIDA FÓRA

    A VIDA FÓRA

    Miguel Sande
    €12,50

    Despois de obter o Premio Repsol en 2006 con 'Se algún día esta muller morta', Miguel Sande volve con 'A vida fóra', outro convite para lectores ap...

    Ver todos os detalles
  • OS CICLOS DO BAMBÚ

    OS CICLOS DO BAMBÚ

    Xavier Queipo
    €10,00

    Os ciclos do bambú descóbrenos unha Asia insólita: o antigo imperio do Vietnam, os costumes funerarios de Bombai, os soños dun lama ou o metro de H...

    Ver todos os detalles
  • GRIAL 214

    GRIAL 214

    VV.AA.
    €12,00

    Nas fronteiras da literatura.A literatura é un produto da creación, mais tamén de comunicación, produto industrial e de mercado, fronteirizo coas a...

    Ver todos os detalles