Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LAPISLÁZULI. O REGRESO DAS SUPERGUERREIRAS

€18,00
ISBN 9788412695168

Nun mundo escindido entre a maxia e a tecnoloxía, feiticeiras e feiticeiros caciques gobernan co pretexto de salvagardar a xente do común dunha praga centenaria de robots asasinos. Non obstante, só as depositarias das pedras de poder, cinco mozas convertidas en superguerreiras, demostraron ser capaces de erradicar semellante ameaza. Malia que desapareceron sete anos atrás no fragor da batalla, deixando escapar o inimigo, será certo que agora están de volta ? Arrasarán por fin cos robots ? Cal será o prezo a pagar ? E o máis desconcertante de todo: que fai un robot disfrazado de vaqueiro?

Lapislázuli. O regreso das superguerreiras camiña entre os eidos do new weird de China Miéville, da fantasía épica de Rober E. Howard, Emily Rodda ou Andrezj Sapkowski e, sobre todo, do sentai de Akira Toriyama e do maho shojo de Naoko Takeuchi.

Alba Rozas
Naceu en Lalín, en 1988. É editora, investigadora, escritora e docente. Licenciuouse en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2020 defendeu a súa tese Fragmentos de Apocalipsis como ficción espacial: la condición contrafactual de Villasanta de la Estrella. Un análisis desde la cartografía literaria. Na actualidade, exerce de profesora lectora de galego na Universidade de Salamanca. Forma parte do podcast galego Baleiro Perfecto de fantasía e sci-fi. Publicou o relato ‘A dama do corazón negro’ (A rebelión de Prometeo. Contos Estraños, 2017) e o libro A caída de Guiomar (Contos Estraños, 2020) que inauguran o xénero da fantasía épica galega. Tamén é a autora dos relatos ‘Costureiriña cosida’ (Contos do Sacaúntos. Romasanta o vagabundo. Fundación Vicente Risco, 2020), ‘A culpa é das sereas’ (Aña. Fanzine de (des)identidades femininas de Bueu, 3, 2021), ‘Alí quedou, coa cabeza nun bidón’ (Revista Inviable, 15, 2021) e ‘Tomasa Bárbara’ (Contos do Sacaúntos. Romasanta o segador. Fundación Vicente Risco, 2021).

___

Editorial: Boadicea Editora 05-2024
Idioma: Galego