Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O CRIME DE PSICHIKO

€15,00
ISBN 978-84-126007-3-5

O crime de Psichiko publicouse en forma de folletín en 1928. Malia non responder exactamente ás características do xénero policial tal e como o coñecemos na actualidade, constitúe unha hábil parodia das novelas construídas ao redor dun crime. Pavlos Nirvanas sérvese da trama para satirizar aspectos como o exacerbado sensacionalismo da prensa, o sistema penitenciario, a desidia da policía ou a inxenuidade dunha sociedade acrítica.

Corre a década de 1910 cando, no barrio ateniense de Psichiko, aparece o cadáver dunha muller nova con numerosas laceracións producidas por un coitelo. Os xornais axiña se fan eco da nova, pero, co paso dos días, o interese da xente por tan truculenta historia vai esmorecendo sen que as calamitosas indagacións das autoridades consigan descubrir nin a identidade da finada nin a do asasino. Será daquela cando Nikos Molochantis, un mozo acomodado, ocioso e patoloxicamente ávido dunha fama efémera, artimañe un plan de consecuencias imprevisibles: está disposto a inculparse dun crime que non cometeu, arriscándose incluso a morrer na guillotina.

O resultado é un relato enxeñoso, cáustico no estilo e de crecente suspense que ademais recrea a atmosfera da capital grega a comezos do século XX, dando conta de diferentes estratos sociais, de aí o seu interese histórico

____

Editorial: Hugin e Munin 03-2023
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • A OBRA

    A OBRA

    Bruno Sperani
    €14,50

    Determinadas pasaxes, coma as dos desaloxamentos ou as das indignas tretas dos patróns, resultan dunha actualidade a todas luces abraiante, e demos...

    Ver todos os detalles
  • O CARANGUEXEIRO

    O CARANGUEXEIRO

    Takiji Kobayashi
    €14,00

    O caranguexeiro, publicada por entregas na revista Senki entre os meses de maio e xuño de 1929 e apenas un trimestre máis tarde como volume exento,...

    Ver todos os detalles
  • MORTE EN ARÁN

    Tòni Escala
    €9,00

    Un día no que azouta a xistra, nun cavorco do Val de Arán, aparece o cadáver dun esquiador cun forte golpe na cabeza. Todo apunta a que se trata du...

    Ver todos os detalles
  • NA NÉBOA

    NA NÉBOA

    Richard Harding Davis
    €12,00

    Na néboa, publicada orixinalmente en 1901, é unha hábil historia detectivesca –só que sen detectives– e asemade un logrado exemplo de novela enigma...

    Ver todos os detalles
  • AMATERASU

    Isabel Pintado, Olga Patiño Nogueira
    €17,00

    Amaterasu como experiencia poética e intertextual Se o aiku como forma poética sufriu unha decadencia notábel no s. XIX, un poe- ta como Shikki ...

    Ver todos os detalles