Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA

€19,95
ISBN 9788484874553
Ler unha obra de teatro sen considerar a súa condición de texto para a escena é como ler un guión cinematográfico prescindindo da orientación ao filme en que, no mellor dos casos, se realiza.  

Dicía Joan Robinson (1903-1993), unha grande economista inglesa, que «a mellor razón para aprender economía é para que os economistas non te enganen». En efecto, a economía é unha ciencia interesante e complexa, aínda que se cadra os economistas teiman en facela aínda máis complexa e, polo camiño, o que conseguen é facela menos interesante e máis escura. Boa parte da materia de Economía no bacharelato baséase na simple adaptación deste modelo –clásico- ao nivel dos alumnos. Desta pauta o premio Nobel (2001) Joseph Stiglitz afirma que «as teorías obsoletas que se continúan a ensinar en todas as universidades do mundo son un dos motivos polos que se contiDe aí, o construírmos este ensaio desde a perspectiva da virtual escenificación de dúas pezas de Carvalho Calero, en coherencia coas súas palabras “Eu endexamais escrevin teatro para ler”. Iso orienta o noso esforzo de análise e interpretación d’A sombra de Orfeu e o Auto do prisioneiro, pondo de relevo as moitas posibilidades que ofrecen, a súa incardinación na historia da cultura e o non ben recoñecido estro teatral do autor, até o punto de a primeira das obras nunca ter coñecido as luces do palco. Conxúganse nese azar os problemas crónicos do teatro galego co doentío escurecemento de Carvalho na Galiza. Porén, a proscrición dun autor constitúe a mellor garantía da súa potencia, indica a necesidade que o poder opresivo ten de se defender contra a forza soberana a retornar desde a sombra. Non existe mellor evidencia de que a tradición recreada por Carvalho, para se dar orixe, está viva. Por iso, o Día das Letras Galegas non conseguirá reducilo a estatua inerte e confortábel, nin poderá enterralo, para o silenciar de vez, no panteón do consabido e pacificamente ignorado. A súa obra continuará a nos inquietar e el, como o espectro da nosa razón común, permanecerá inesquecido, inesquecíbel.
 

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego