É popular pois ironiza coa xente da Belle Époque, eses señores do melloriño de París, e empatiza coas sardiñeiras, cos limpabotas, co obreiro que tantas xornadas lle deu ao patrón, no poema: O tempo perdido, que nos fai lembrar o Monólogo do vello traballador de C. E. Ferreiro.
A súa tenrura cos nenos, os castigados sen vacacións, os que fuxen do Reformatorio, os que estampanan o nariz contra as vidreiras e soñan... é inmensa e natural como natural é o poeta.
O amor teno situado en primeiro plano: O tenro e perigoso rosto do amor, As follas mortas, cantadas na súa época por Yves Montand, Mouloudji e Juliette Gréco.
____
Editorial: Medulia 10- 2024
Idioma: Galego/Francés