Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

XENTE AO LONXE

€20,50
ISBN 9788498655575
Xente ao lonxe é unha das grandes novelas corais da literatura galega. Un espectacular mosaico de voces e de historias na cidade mítica de Auria.

Unha novela na que o autor recrea situacións que reflicten os grandes cambios sociais que anuncian a Galicia de finais do século XIX. A aparición desta novela (1972), ambiciosa obra de madurez, coroaba a traxectoria dun dos máis grandes narradores do noso tempo. Froito dun excepcional alento anovador, Xente ao lonxe ensambla un amplo abano de tipos humanos e historias sabiamente entrecruzadas e relatadas con eficaz técnica expresionista. Blanco Amor realizou nesta novela un ambicioso experimento literario no que se combinan 170 personaxes cunha concepción cinematográfica do relato, que vai acoutando progresivamente o seu campo de visión desde a panóramica social ao primeiro plano individual. Alegato en favor dos desherdados, Xente ao lonxe é unha novela total na que se reconstrúe un universo e un tempo.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • ADIÓS MARÍA

    ADIÓS MARÍA

    Xohana Torres
    €20,00

    Historia dunha rapaza viguesa, filla dun traballador botado ao paro e empurrado á emigración pola desaparición dos tranvías. O retrato dun tempo q...

    Ver todos os detalles
  • A XERACIÓN GALAXIA

    A XERACIÓN GALAXIA

    Francisco Fernández del Riego
    €14,00

    A narración da aventura cultural e política protagonizada por un feixe de homes que nos anos máis escuros do franquismo loitaron pola pervivencia d...

    Ver todos os detalles
  • A ESMORGA

    A ESMORGA

    Eduardo Blanco Amor
    €13,00

    Texto íntegro, incorpora as pasaxes eliminadas pola censura na edición de 1970. A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a ...

    Ver todos os detalles
  • XOGUETES PARA UN TEMPO PROHIBIDO

    XOGUETES PARA UN TEMPO PROHIBIDO

    Carlos Casares
    €15,90

    En 1975 publicouse por primeira vez a novela, Xoguetes para un tempo prohibido; Editorial Galaxia no 2005 tira do prelo unha nova edición, a décim...

    Ver todos os detalles
  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles