Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CHILE A LA VISTA

€25,00
ISBN 9788482886107
Crónica viaxeira do paso de Blanco Amor polo país andino, coa que Galaxia inicia a recuperación para os lectores galegos de parte da súa obra escrita en castelán.

Unha serie de notas xornalísticas, recollidas durante dúas viaxes realizadas nos anos 1949 e 1950 a través de Chile, son o xérmolo deste libro, escrito por Eduardo Blanco Amor como parte do importante traballo literario e xornalístico que desenvolveu en Sudamérica. Escrito cunha prosa tensa e penetrante que vai do ton poético máis fondo ao humor máis irresistible. Páxinas antolóxicas, coa requintada percepción da realidade dun pobo, unha xeografía e unha cultura. Segundo palabras do propio Blanco Amor, "algunhas veces enredei máis tempo en ver unha vila –Iquique, por exemplo– do que un redactor de Life para todo un continente".

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Castellano