Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TRES SEGUNDOS DE MEMORIA

€17,30
ISBN WP16530
 Premio Xerais de Novela, 2006 Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado.  

O protagonista é unha persoa sociable e ocorrente, vítima do que el denomina o post´fracaso, unha actitude con fortes doses de cinismo ante a vida. O fío condutor de toda a narración é a interacción dese personaxe cos seus amigos e amigas sen moitos máis obxectivos visibles que o disfrute do sexo. Escrita cun estilo, fresco, directo e cargado de humor, Tres segundos de memoria, a novela de Diego Ameixeiras, gañadora do Premio Xerais 2006, fai un retrato dun sector urbano e moi damnificado da sociedade galega actual, onde a espontaneidade abrolla por enriba do politicamente correcto. Novela habitada por personaxes mozos, fracasados, maiormente cultos e con estudos pero desenganados e intencionadamente afastados dunha cultura que só os levou a engrosar as filas do paro e a prolongar traumaticamente unha adolescencia que xa non lles correspondía. Unha novela expresiva, escrita cun estilo fresco e directo e tremendamente cargada de humor.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • VÍA SECUNDARIA

    VÍA SECUNDARIA

    An Alfaya
    €17,00

    Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2010   Unha emocionante novela coral, escrita e construída con mestría e precisión, capaz de arre...

    Ver todos os detalles
  • FUXIR DE PROXERIA

    FUXIR DE PROXERIA

    Manuel Blanco Desar
    €15,00

    Proxeria, contra o derradeiro terzo do século XXI. O país máis avellentado de Europa grazas ao seu récord de infecundidade dende finais do século p...

    Ver todos os detalles
  • SILENCIO

    SILENCIO

    Fran Alonso
    €12,15

    XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñ...

    Ver todos os detalles
  • HAI QUE MATALOS A TODOS

    HAI QUE MATALOS A TODOS

    Héctor Carré
    €18,60

    Unha historia que transcorre a través de tres continentes, chea de acción e de suspense, falando ás claras sobre o poder e o xornalismo, sobre a id...

    Ver todos os detalles
  • A CABEZA DE MEDUSA

    A CABEZA DE MEDUSA

    Marilar Aleixandre
    €12,15

    9ª Edición - Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2008 Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2009 Premio Fr...

    Ver todos os detalles