Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CONTOS DA TERRA DA TARDE

€19,70
ISBN 9788498654011
Asuntos de actualidade coma a eutanasia, o racismo, a soidade urbana ou a exclusión dos vellos combínanse con personaxes excéntricas mais ambos e dous, temas e caracteres, abórdanse cunha ollada que revela os seus recantos escuros, eses que ilumina a luz crepuscular baixo a que se coloca este novo conxunto de historias do autor de 'Pan e coitelo'.


Para presentar Contos da terra da tarde, nada mellor que as propias verbas de Bieito Iglesias, que describe deste xeito a súa obra: "Os relatos deste libro debullan un rosario de asuntos trizados pola cachamorra da actualidade: eutanasia, emigración, racismo, soidade urbana, esbarruamento da ruralía, turismo sexual, pederastia, violencias varias, exclusión dos vellos… No entanto eses e outros temas examínanse desde a ollada de personaxes excéntricas e un tal punto de vista quizais revele recantos escuros, iluminados pola luz crepuscular aludida no título ou —nas distancias curtas— pola luz crúa e lívida de Caravaggio. As anécdotas e a introspección psicolóxica preséntanse nun estuche barroco beneficiado pola lingua vizosa e o diálogo coa tradición literaria ou co cinema. Son contos para interromper a lectura e deixar o lector suspenso a ollar unha mosca invisible".

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • ALGUÉN ASÍ É O DEUS EN QUEN EU CREO

    ALGUÉN ASÍ É O DEUS EN QUEN EU CREO

    Andrés Torres Queiruga
    €22,70

    En coedición coa Fundación Isla Couto, Galaxia publica este ensaio no que o teólogo Andrés Torres Queiruga fai unha proposta positiva, coa tranquil...

    Ver todos os detalles
  • DESTA BEIRA DO LETEU

    Ernesto Vázquez Souza
    €13,00

    Artigos de historia cultural, literatura e sociedade desde o esquecemento. A imaxe do infernal Leteu, o río do esquecemento, do que os mortos beben...

    Ver todos os detalles
  • GALICIA MÁRTIR

    GALICIA MÁRTIR

    Castelao
    €9,00

    Castelao cronista dun tempo de barbarie que,  nas súas estampas, queda inmortalizado coma un berro desesperado e unha protesta contra da barbarie d...

    Ver todos os detalles
  • OS ESCUROS SOÑOS DE CLÍO

    OS ESCUROS SOÑOS DE CLÍO

    Carlos Casares
    €12,00

    Doce relatos imaxinativos nos que Casares xoga coa historiaEste libro de relatos, o segundo no xénero na obra de Carlos Casares, publicouse por pri...

    Ver todos os detalles
  • ATILA EN GALICIA

    ATILA EN GALICIA

    Castelao
    €9,00

    Castelao cronista dun tempo de barbarie que,  nas súas estampas, queda inmortalizado coma un berro desesperado e unha protesta contra da barbarie d...

    Ver todos os detalles