Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TODO OK

€17,00
ISBN 9788499144528
Tomando como base un suceso real, Todo OK relata a historia de Inés Landeira, unha muller involucrada nun delito de narcotráfico que tenta refacer a súa vida e evitar a entrada no cárcere. Narrada cun estilo sobrio e moi persoal, estamos ante unha novela que reflicte as túrbidas relacións entre uns protagonistas que loitan por sobrevivir máis alá das marxes da legalidade.

Unha trama pola que desfilan uns personaxes que actúan sen escrúpulos, atrapados nun destino pouco esperanzador. Sometidos a constante presión policial, encarnada nun tenente da Garda Civil que xoga a varias bandas, por riba de todos eles sobrevoa a sombra implacable da xustiza. Inés Landeira, a quen todo o mundo coñece como A coxa, buscará unha saída nese complexo labirinto de intereses que poboan esta novela de Diego Ameixeiras, autor ao que Paco Ignacio Taibo II sinalou dende Dime algo sucio coma un dos renovadores do xénero negro contemporáneo.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • HAI QUE MATALOS A TODOS

    HAI QUE MATALOS A TODOS

    Héctor Carré
    €18,60

    Unha historia que transcorre a través de tres continentes, chea de acción e de suspense, falando ás claras sobre o poder e o xornalismo, sobre a id...

    Ver todos os detalles
  • O CERVO E A SOMBRA

    Diego Ameixeiras
    €17,95

    Mateo tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo...

    Ver todos os detalles
  • UN TIPO LISTO

    UN TIPO LISTO

    Xosé Monteagudo
    €19,70

    Premio García Barros 2009 Un tipo listo iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta d...

    Ver todos os detalles
  • AGUILLÓNS DE ORTEGAL

    AGUILLÓNS DE ORTEGAL

    Hixinio Puentes Novo
    €21,35

    Con sabor a novela de aventuras, Hixinio Puentes ofrécenos en Aguillóns de Ortegal unha historia ambientada nos tempos da Primeira Guerra Mundial, ...

    Ver todos os detalles
  • A CRUELDADE DE ABRIL

    A CRUELDADE DE ABRIL

    Diego Ameixeiras
    €17,00

    Unha novela escura e opresiva, escrita cun desacougante lirismo, sobre a miseria moral que habita en nós. Un incendio nunha casa abandonada. Dous ...

    Ver todos os detalles