Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

O GRUPO

por An Alfaya
€12,15
ISBN 9788491215417
Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018

Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello dos adultos nos que confían. Non se coñecían, mais a carón de Sandra, unha traballadora social que conduce os encontros, as súas voces álzanse de xeito testemuñal amosando a súa vulnerabilidade. Non obstante a coordinadora arrastra feridas pendentes de cicatrizar que a fan dubidar da súa capacidade profesional cando se atopa fronte ao Grupo.Unha novela onde os personaxes se ispen emocionalmente da man de An Alfaya.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego