Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TANTOS ANOS DE SILENCIO

€18,00
ISBN 9788491514374
Un relato violentamente fermoso. Fermosamente violento.

O autor recrea nesta ambiciosa novela unha época de escuridade, paseos na madrugada, tiros nas cunetas, e corpos que sobreviven en covas devaixo das cociñas, mais tamén de utopías e soños de cambio, revolución e vida mellor. En efecto, todo é un soño feliz no pazo de Flavia ata que o 18 de xullo de 1936 comeza unha guerra que algúns aproveitan para urdir vinganzas que acaban deixando unha pegada misteriosa: umhas fosas comúns que agochan cinco corpos executados dun tiro na cabeza e un sexto esqueleto de muller que abraza contra o peito o libro dun poeta do que ninguén oíu falar. Ánxela, unha investigadora que garda a súa propia historia de violencia e dor, acepta dirixir a excavación das fosas e proponse deitar luz sobre todos os acontecementos dos primeiros días da guerra no pazo, pero axiña desexará tirar tamén do fío da identidade do misterioso poeta e da muller soterrada co libro. A través da investigación de Ánxela, iniciamos unha viaxe apaixonante entre 1936 e os nosos días en que descubriremos que o fascismo superou tempo e fronteiras.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • SILENCIO

    SILENCIO

    Agustín Agra
    €14,75

    Un monllo de relatos dunha delicadeza extrema centrados na natureza humana, mais tamén na natureza orgánica que nos rodea, e que vén sendo un coraz...

    Ver todos os detalles
  • OS CONTIÑOS DE ANDREA DE AXEYRAS

    ANDREA SUÁREZ BAQUERO
    €14,00

    Alseida é unha fada que leva un mandil amarelo e botíns marróns. Durante o día danza entre as corredoiras tras as bolboretas e á noitiña dorme no o...

    Ver todos os detalles
  • AGUILLÓNS DE ORTEGAL

    AGUILLÓNS DE ORTEGAL

    Hixinio Puentes Novo
    €21,35

    Con sabor a novela de aventuras, Hixinio Puentes ofrécenos en Aguillóns de Ortegal unha historia ambientada nos tempos da Primeira Guerra Mundial, ...

    Ver todos os detalles
  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles
  • O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

    O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

    Luís Rei Núñez
    €18,00

    Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores. Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena ca...

    Ver todos os detalles