Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UNHA VOLTA POLO INFERNO

€12,00
ISBN 9788412393316

Unha volta polo inferno, novela distinguida en 2017 co Premio Sten Kidna, un galardón que dende 2009 recoñece cada ano unha obra narrativa de publicación recente en lingua bretoa, presenta unha serie de elementos habituais nas obras da prolífica Mich Beyer: a inserción de misivas e entradas de diario, o papel protagonista de mulleres lesbianas na mediana idade, unha linguaxe traballada e con todo accesible, a utilización de varias voces narrativas, a creación de perfís psicolóxicos complexos, con personaxes que decote agochan unha cara escura, o recurso do mar e dunha illa de paisaxe agreste como espazo físico… ou a revelación gradual de segredos como fórmula para acentuar o suspense, con tramas que só se resolven nas derradeiras páxinas.

Alén das súas virtudes como obra literaria, a publicación desta novela supón un fito en canto que se trata da primeira obra narrativa contemporánea en tradución directa do bretón ao galego. De aí a escolla: Mich Beyer, unha escritora multipremiada no sistema literario de orixe; e, máis concretamente, Unha volta polo inferno, unha peza recente e representativa do seu extenso labor novelístico.
         
____


Editorial: Hugin e Munin 2021
Idioma: Galego