Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS ESPELLOS DO TEMPO

€19,70
ISBN 9788498651157
Entre a fotografía, a imaxe e a literatura, a nova novela de Vítor Vaqueiro sitúa os lectores perante unha narrativa que transcribe os fragmentos do real.

Como suxire o título, Os espellos do tempo xira ao redor de dúas ideas: a de reflexión, no dobre sentido de pensar e reflectir, e a de simulacro. No interior do texto narrativo conviven dous "eus", un deles é o narrador e o outro unha construción formada por acumulación de diferentes "eus" que acaban por constituír, en verbas do propio Vaqueiro, "un dispositivo frankensteiniano", un personaxe híbrido que podería ser fillo dun estratega que manexase con habelencia as ferramentas de Photoshop. A novela aliméntase de imaxes procedentes da fotografía e do cinema. O individuo fragmentado, característico da sociedade actual, é o punto de referencia a partir do cal o novelista explora as relacións entre fotografía, texto, realidade, verdade e verosimilitude. Os espellos do tempo, amais dun álbum fotográfico, contén un amplo álbum de citas final. Álbum fotográfico e citas que pretenden dar sentido, non só a través dos propios textos citados (e, polo tanto, traídos á memoria do lector), a unha exploración das linguaxes que abala entre texto e imaxes, imaxes e texto, para desvelar as diferentes facianas da realidade.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • CARTAS MARCADAS

    CARTAS MARCADAS

    Xavier Queipo
    €19,70

    O novo libro de Xavier Queipo establece un xogo dobre co lector, xa que se trata duns textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Co...

    Ver todos os detalles
  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles
  • RITUAIS

    RITUAIS

    Vitor Vaqueiro
    €30,00

    Galería fotográfica especial de Vitor Vaqueiro  con 60 imaxes cos textos de Xosé Manuel González Reboredo, Margarita Ledo. ...

    Ver todos os detalles
  • O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

    O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

    Xabier P. DoCampo
    €15,26

    Contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados...

    Ver todos os detalles
  • A OLLADA DO DESEXO. OBRA GRÁFICA 1933-1973

    A OLLADA DO DESEXO. OBRA GRÁFICA 1933-1973

    Eduardo Blanco Amor
    €28,70

    A OBRA FOTOGRÁFICA DE BLANCO AMOR. Segundo deixou escrito o propio Blanco Amor, o seu arquivo fotográfico supera a cifra de 3.000 negativos. Galaxi...

    Ver todos os detalles