Arancha Nogueira naceu un domingo de setembro preguiceiro como todos os domingos de verán. Foi no ano 1989 en Ourense, terra da chispa, das castañas e dos Entroidos (e tamén de Pura e Dora Vázquez). Foi bastante corremundos, pero leva uns aniños afincada en Compostela.
De pequena quería ser escritora, profesora e actriz de musical. Agora confórmase con ser as dúas primeiras, pero segue cantando e bailando na casa, onde monta grandes producións teatrais. Sempre lle gustou a escola, onde aprendeu a escribir, que é probabelmente a cousa que máis lle gusta no mundo. Ademais, vén dunha familia de mestres: mamá, papá, a avoa Paz...
Leva moitos anos escribindo poesía e algúns publicando libros, como o único lugar onde ficar inmóbil, #hashtags para un espazo agónico ou Dente de leite, pero sempre se lle fan poucos e apetécelle escribir máis. Se cadra porque desfruta de contar historias e aprender cousas, a outras e a si mesma, igual que fan as mestras e as viaxeiras.
____
Editorial: Cuarto de invernoIdioma: Galego
Colección: INFANTIL