Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O ESMOLEIRO

€14,50
ISBN 9788412259346

O esmoleiro é unha destacada mostra da tendencia naturalista de Andreas Karkavitsas, autor influído polo estilo de Zola e dos escritores rusos. A acción sitúase en 1880, e o seu protagonista, Tziritokostas, é un esmoleiro profesional, procedente dunha rexión do Peloponeso fértil en mendicantes, que chega á aldea de Nychteremi, en Tesalia, un territorio acabado de incorporar ao Estado grego pero aínda coas estruturas legais e administrativas propias da época otomá. Nese lugar aproveitará para poñer en práctica as artes do seu oficio –o disfrace, o finximento, o calote…–, aproveitándose da extrema pobreza e do carácter supersticioso das súas xentes.

Karkavitsas adopta a perspectiva dun narrador culto e concienciado que condena e lamenta ao mesmo tempo a miseria, a incultura e a desidia. A súa prosa apenas amosa piedade polos seus personaxes, nun ton que evoca a novela picaresca; é capaz de provocar o riso no lector, mesmo ao seu pesar. Os puntos de vista, centrados nos distintos personaxes, entrecrúzanse até chegar a un desenlace realista e desconsolador.

A obra, publicada orixinalmente por entregas nun semanario entre 1896 e 1898, acadou a súa edición definitiva –con cambios nos títulos dalgúns capítulos– en 1920, que é a que aquí se ofrece. Case dende a súa aparición, converteuse nun clásico estudado nas escolas, polo que constitúe unha referencia ineludible da narrativa escrita en neogrego.


____


Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Galego