Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

IRMÁ PAXARO

€15,50
ISBN 9788409158751
Irmá paxaro é o relato da perda da complicidade entre dúas irmás descoñecedoras de que o golpe máis duro é o paso do tempo.
A autora, Tamara Andrés, emprega a poesía, nun texto profundamente narrativo, para mostrarnos a dispar evolución de dúas irmás que mantiñan un elo na infancia que lles permitía ser elas mesmas até que quebrou co despregar das ás da irmá pequena; a irmá paxaro.

Tamara Andrés (Combarro, 1992) formouse en tradución e interpretación e literatura comparada. Desenvolve unha tese na Universidade de Vigo sobre tradución e poesía galega de autoría feminina mentres traballa como tradutora e revisora.

En 2015 saíu do prelo o texto Amentalista, unha homenaxe ao pintor René Magritte, e gañou o Premio de Poesía O Facho co poemario Nenæspiraes. A finais de 2017 publicou Corpo de Antiochia, traducido ao castelán e finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2018. Textos seus foron premiados en diversos certames e publicados en obras colectivas, como nas antoloxías No seu despregar (2015, Apiario) ou Anthology of Young Galician Poets (2019, Vakxikon). Irmá paxaro quedou finalista do I Premio María Victoria Moreno.

Alén de poñer en práctica a dimensión escénica e corporal do texto e de participar en proxectos teatrais e audiovisuais, imparte obradoiros poéticos e de animación lectora e organiza diversos eventos literarios.

____

Editorial: Cuarto de inverno
Idioma: Galego
Colección: XUVENIL

También te podría interesar...

  • PARA NON CONCRETARME

    Tamara Andrés
    €12,00

    Só a beleza, pasaxeira, me alimentaasí como algo dela queda sempre en minalgo de min vai marchando sempretras dela Tamara Andrés (Combarro, 1992) f...

    Ver todos os detalles
  • ICARAS

    LABRAÑA, CARLOS
    €11,50

    PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2022 Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana...

    Ver todos os detalles
  • PIROCTENIA

    COUCEIRO CASTRO, MIRIAM
    €16,10

    PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2024 Cando a Pirotecnia QuiGarSA estoura, parte da súa cuberta aterra a case dous quilómetros de distanc...

    Ver todos os detalles
  • 2ª MAN

    REIXA, ANTON
    €17,00

    2º man xorde da mirada asombrada de Antón Reixa sobre a paisaxe urbana e informativa. Nese sentido, segundo o propio poeta, foi inicático o poema N...

    Ver todos os detalles
  • DIARIO DUN ENTERRO

    DIARIO DUN ENTERRO

    Gonzalo Hermo
    €14,70

    Xacobe, un escritor mozo que vive en Barcelona recibe subitamente a noticia da morte do seu avó materno. XIII Premio de Narrativa Breve Repsol 201...

    Ver todos os detalles