Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A NOITE DA AURORA

€17,00
ISBN 9788482886442
Un fascinante paseo pola vida nunha viaxe que comeza en Islandia e continúa na mente do lector logo de rematado o relato.


Esta historia lévanos dende Reikiavik, onde dous galegos coinciden ao trocaren moeda nun banco, á cantina solitaria dunha estación da Galicia interior, na que se reúnen tres amigos para illarse da mediocridade e tentar fuxir dunha vida monótona e predecible. Lor, o protagonista da novela, é un galego que sendo mozo abandona a vila natal para dedicarse a percorrer o mundo. A noite da aurora cóntanos as razóns que o obrigan a escoller unha vida errática, de aventureiro, no canto de aceptar unha existencia doada e sen riscos. A potencia evocadora da prosa de Camilo Gonsar, o seu domino do diálogo e a perspicacia das súas intuicións compleméntanse cun marabilloso retrato dos personaxes no marco da capital de Islandia, cidade que se describe cunha sinxeleza plástica abraiante. Novela sobre o desarraigo, esta é a historia dunha amizade, dun amor apenas iniciado e dunha decisión: abandonar a propia patria. Reflexión xenial sobre o destino, esta obra é unha mostra excepcional de sabedoría narradora.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • HISTORIAS DE OREGÓN

    HISTORIAS DE OREGÓN

    Diego Ameixeiras
    €17,00

    Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011   Tras os éxitos rotundos obtidos por Asasinato no Consello Nacional e Dime algo sucio, prem...

    Ver todos os detalles
  • A ESFINXE DE AMARANTO

    A ESFINXE DE AMARANTO

    Antón Riveiro Coello
    €20,50

    A historia dunha familia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces das súas mulleres.O autor de As rulas de Bakunin, coa que o...

    Ver todos os detalles
  • CORAZÓN DE MANTEIGA

    CORAZÓN DE MANTEIGA

    Xavier Queipo
    €17,40

    Mauro goza dunha nenez fantástica, inzada de soños, vive logo unha mocidade de dúbidas e desterro interior para, ao cabo, iniciar a madureza cunha ...

    Ver todos os detalles
  • A VIDA FÓRA

    A VIDA FÓRA

    Miguel Sande
    €12,50

    Despois de obter o Premio Repsol en 2006 con 'Se algún día esta muller morta', Miguel Sande volve con 'A vida fóra', outro convite para lectores ap...

    Ver todos os detalles
  • ESPERANDO O LEITEIRO

    ESPERANDO O LEITEIRO

    Xosé Neira Vilas
    €10,50

    Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o ha levar da súa a...

    Ver todos os detalles