
O mesón dos ermos é un fermoso poema en prosa poboado dunha rica variedade de personaxes, psicoloxicamente ben trazados que culmina na figura magnífica do Xepe. A soberbia descrición da paisaxe e o uso dunha lingua dunha riqueza e viveza expresivas inusitadas fan desta novela unha das máis logradas de todas cantas escribiu Otero Pedrayo.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego