Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MANUEL FERNÁNDEZ DÍAZ. MANUEL DO JUANO

por AA. VV.
€27,00
ISBN 9788409303441

Manuel Fernández Díaz, Manuel do Juano, é (xunto con Desiderio Sampayo, Constante Fernández e Modesto Arias) un dos derradeiros gaiteiros do que chamaríamos a vella xeración de músicos da montaña nas terras de Fonsagrada, depositario do importante repertorio e a técnica dun territorio rico en grandes intérpretes que se foron indo rapidamente nos últimos tempos.

No libro coñecerás a súa biografía e a dos outros dous compañeiros: Antón de Paradiñas e Dositeo do Fito, así como a das persoas que o influiron musicalmente e lle aportaron temas, as súas fontes musicais. Analízase a técnica, o estilo e o repertorio. Para contextualizar o tempo e as situacións nas que tiña a oportunidade de mostrar as súas aptitudes musicais, relátase como eran as festas e as xuntanzas de socialización ao longo do ano. Por iso encontrarás aquí sinxelas descricións das mallegas, dos roxois, da esfollada, dos instrumentos dos nenos-pastores, do Entroido… para evitar o seu esquecemento e para reactivar, no lector e na comunidade veciñal, a valoración polo patrimonio local herdado dos antergos.

Unha obra, en definitiva, que se torna indispensable para as persoas que aman a música tradicional e, especialmente, aos antigos gaiteiros e a toda a cultura que representan.

O libro vai acompañado dun CD con 26 temas interpretados polos membros do grupo local Amigos da Gaita que aínda viven: Manuel (gaita), Dositeo do Fito (tamboril) e Antón de Paradiñas (bombo).

Tamén contén un mapa despregable, do concello da Fonsagrada, de 420 x 594 mm, deseñado exclusivamente para esta publicación.

____

Editorial: Canela 2021
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • AMADEO GOYANES

    AMADEO GOYANES

    Librería Abrente
    €20,00

    É un libro con CD cun detallado texto sobre a vida e traballo musical de Amadeo Goyanes: partituras editadas para os músicos e especialistas da zan...

    Ver todos os detalles
  • A FESTA DO ENTROIDO

    A FESTA DO ENTROIDO

    Librería Abrente
    €15,00

    O libro reúne información recollida nun amplo traballo de campo ao longo dos anos e achega reflexións e análises para explicar o Entroido galego do...

    Ver todos os detalles
  • O DEBUT DE MARTINO PORCONI

    O DEBUT DE MARTINO PORCONI

    Xosé Antonio Neira Cruz
    €27,00

    Editorial Galaxia publica O debut de Martino Porconi, recreación do conto tradicional de Os tres porquiños a cargo de Xosé A. Neira Cruz. Xunto con...

    Ver todos os detalles
  • VENECIA ABANDONADA (LIBRO+CD)

    Eduardo Estévez
    €18,00

    É VENECIA ABANDNADA un libro de poemas en prosa escrito por Eduardo Estévez, que ten como fío condutor o paseo dun viaxeiro solitario por unha Vene...

    Ver todos os detalles
  • TEATRO DE GUIÑOL

    TEATRO DE GUIÑOL

    Librería Abrente
    €20,00

    Teatro de Guiñol presenta unha escolma dos versos máis retranqueiros e festivos de Manuel María, o que xa constitúe un garante de éxito entre o púb...

    Ver todos os detalles