Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

POEMAS INMÓBILES DE MOVEMENTO ESTÁTICO

€17,00
ISBN 9788412590562

Poemas inmóbiles de movemento estático afonda na liña que Fran Alonso ven desenvolvendo desde hai anos sobre as posibilidades plásticas da poesía, característica que neste libro se converte nunha eclosión. Pero non debemos levarnos a engano. Baixo as formas escintilantes agáchase o desacougo dos poemas, talvez os máis escuros que escribiu o autor. O libro xira arredor dun ser de natureza incorpórea, engastadao ao individuo que escribe e aturdido no desalento do frío, no abatemento do corpo, no humus da frustración. O ser debeu perderse na reiteración das palabras, no labirinto dos conceptos, na confusa arañeira que prendeu coa erosión da engra- naxe neuronal mentres o corpo do individuo que escribe se arrastra pola dor, polo desalento, polo desencanto e pola palabra para procurar unha identidade (dubidosa) na incerteza da esperanza. 

Fran Alonso (Vigo, 1963) é un dos escritores que renovaron a narrativa galega a primeiros dos anos noventa, inicio dunha traxectoria na que tamén ocupará un papel central o seu traballo como responsable de Edicións Xerais e a súa aposta pola poesía. O seu primeiro libro de poemas que publicou foi Persianas, pedramol e outros nervios (1992). Logo viñeron Tortillas para os obreiros (1996); Subversións (2001); Balada solitaria (2004); Transición (2011), poemario e CD no que recita con María Lado; Poétic@ (2015), poesía electrónica e crossmedia (www.poetica.gal); Esta- do de malestar (2016/17) pubicado en Twitter (@Tw140Poemas) ou Terraza (2017). 

_____

Chan da Pólvora 12-2022
Idioma: Galego