Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DESTEMPO

€18,00
ISBN

Unha muller maior pide ao seu neto que volva a Galicia a pasar o verán con ela. Quere que asista a unha especie de revolución que está a facer coas súas amigas. Buscan acción, cambiar o mundo. Deste xeito, mestura Silvia Bardelás varias xeracións co mesmo problema: o peso do mundo, a presión social. A decisión de vivir doutro xeito, de volver sentir a realidade como aliada e non como problema, fai que todo se mova dun xeito imparable.

A voz narrativa de Destempo amosa esa necesidade dun nós e revela unha verdade: que a vida presenta todo o seu brillo cando as persoas se liberan da obediencia e o sacrificio que empobrecen os seus mundos.

Silvia Bardelás naceu en Vigo en 1967. Doutora en Filosofía e Premio Extraordinario pola súa tese Una teoría de la novela. Estudou Creación Literaria na Escuela de Letras. É directora de Publicacións na editorial De Conatus e profesora de Creación Literaria en UNED abierta. Dirixe o blog El lector perdido. A súa primeira novela en Barbantesa, As Médulas (2010) foi seleccionada en Alemaña para a lista de Spanish Books. A súa segunda novela, Unha troita de pé (2011) tamén foi publicada en Barbantesa.

____

Editorial: Barbantesa
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • UNHA TROITA DE PÉ

    Bardelás Álvarez, Silvia
    €12,00

    O corpo de Xulio deixa de funcionar e vai ao chou. Nesa anarquía, á súa cabeza non lle queda outra que buscar un rego polo que poida baixar a vida....

    Ver todos os detalles
  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles
  • MEMORIA DO SILENCIO

    MEMORIA DO SILENCIO

    Eva Mejuto
    €12,15

    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar ...

    Ver todos os detalles
  • ADIÓS MARÍA

    ADIÓS MARÍA

    Xohana Torres
    €20,00

    Historia dunha rapaza viguesa, filla dun traballador botado ao paro e empurrado á emigración pola desaparición dos tranvías. O retrato dun tempo q...

    Ver todos os detalles
  • RUNRUN

    Varela, Ana
    €16,40

    Tras a prematura morte dos seus pais, Aldara sofre un episodio psicótico, e a súa irmá, Uxía, faise cargo, soa, da situación.Esta é a his...

    Ver todos os detalles