Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

DESTEMPO

€18,00
ISBN

Unha muller maior pide ao seu neto que volva a Galicia a pasar o verán con ela. Quere que asista a unha especie de revolución que está a facer coas súas amigas. Buscan acción, cambiar o mundo. Deste xeito, mestura Silvia Bardelás varias xeracións co mesmo problema: o peso do mundo, a presión social. A decisión de vivir doutro xeito, de volver sentir a realidade como aliada e non como problema, fai que todo se mova dun xeito imparable.

A voz narrativa de Destempo amosa esa necesidade dun nós e revela unha verdade: que a vida presenta todo o seu brillo cando as persoas se liberan da obediencia e o sacrificio que empobrecen os seus mundos.

Silvia Bardelás naceu en Vigo en 1967. Doutora en Filosofía e Premio Extraordinario pola súa tese Una teoría de la novela. Estudou Creación Literaria na Escuela de Letras. É directora de Publicacións na editorial De Conatus e profesora de Creación Literaria en UNED abierta. Dirixe o blog El lector perdido. A súa primeira novela en Barbantesa, As Médulas (2010) foi seleccionada en Alemaña para a lista de Spanish Books. A súa segunda novela, Unha troita de pé (2011) tamén foi publicada en Barbantesa.

____

Editorial: Barbantesa
Idioma: Galego