
Trinta anos despois da primeira edición, a conversa segue a ser unha contribución esencial ao coñecemento da vida e da obra dunha das personalidades máis relevantes da cultura galega da cultura galega da segunda metade do século XX. Abórdanse nela algúns temas esenciais, como a biografía, a política, a formación intelectual, a crítica literaria, a lingüística, a poesía, a narrativa e o teatro. A través deles vaise configurando a imaxe dunha personalidade enteiramente entregada ao ideal patriótico que constituíu o eixe da existencia a quen a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego