Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A TATARUGA QUE QUERÍA DURMIR

por AA. VV.
€13,50
ISBN 9788498710212

A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabas…), alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van chegando con agasallos (un pucho, unha torta de pera, unha manta…) para acompañala antes do longo período de sono que lle agarda. A amizade é importante e a tartaruga agradece as atencións, pero cada vez ten máis sono e o único que quere é que a deixen tranquila para poder durmir…



O medo á noite, á escuridade, ou o desacougo no momento de durmir resultan moi comúns durante a infancia. Por iso, cómpre que os nenos se identifiquen con personaxes que viven estas experiencias con tranquilidade, e desta maneira, se decaten de que o descanso e o silencio son necesarios.

Do punto de vista formal, a historia está construída a partir de rimas, repeticións, enumeracións, e cunha linguaxe sinxela, que funciona moi ben cos máis pequenos. O xogo de onomatopeas, reforzado pola ilustración, dálle un ton lúdico á narración e marca un ritmo no que os oíntes poden participar.

A historia tamén se pode seguir perfectamente a través das ilustracións, cheas de tenrura e humor, e co estilo propio e as texturas inconfundibles de Alessandra Cimatoribus. Abofé que a simpática tartaruga e os seus amigos conquistarán axiña o lector, polo seu carácter amable e a súa forza expresiva.

En definitiva, un álbum para que reforcemos hábitos saudables e para que completemos o ritual de ir para a cama, cun conto, xusto antes de que nos venza o sono.

____

Editorial: OQO

Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • MONSTR3S

    LAURA PARRULA
    €15,90

    Chega a hora de durmir e o pequeno pide deixar a luz acesa porque ten medo do mostro de debaixo da cama. Coma nun teatriño, a lectora vai descubrin...

    Ver todos os detalles
  • TEÑO MEDO

    TEÑO MEDO

    David de la Iglesia
    €15,20

    É domingo pola mañá, Lucas vai ao parque, pero alí non ten amigos cos que xogar.Quizais todos estean aínda a durmir! Só está Mr. Robot, quen se ocu...

    Ver todos os detalles
  • O GUME ÍGNEO (OS GARDIÁNS DO SAMPO 1)

    O GUME ÍGNEO (OS GARDIÁNS DO SAMPO 1)

    Tino Parvela
    €14,00

    Nun pasado remoto, alén das néboas do tempo, houbo unha gran guerra. O bardo Väinämöinen, das terras de Kalevala, e mais a feiticeira Louhi de Pohj...

    Ver todos os detalles
  • IRIA E A LÚA

    IRIA E A LÚA

    Oli (Xosé manuel González Barreiro)
    €8,65

    A Iria gustáballe sentir o aloumiño da despedida do día. Tiña curiosidade polo solpor, polo serán, pola noite e o luar. O avó faláballe da lúa, que...

    Ver todos os detalles
  • O CERVO NA TORRE

    O CERVO NA TORRE

    Darío Xohán Cabana
    €17,65

    Premio Xerais de Novela, 1994 Segundo as propias declaracións do autor:Eu decateime de que o meu era escribir sempre o mesmo libro, un libro compo...

    Ver todos os detalles