Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A TATARUGA QUE QUERÍA DURMIR

por AA. VV.
€13,50
ISBN 9788498710212

A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabas…), alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van chegando con agasallos (un pucho, unha torta de pera, unha manta…) para acompañala antes do longo período de sono que lle agarda. A amizade é importante e a tartaruga agradece as atencións, pero cada vez ten máis sono e o único que quere é que a deixen tranquila para poder durmir…



O medo á noite, á escuridade, ou o desacougo no momento de durmir resultan moi comúns durante a infancia. Por iso, cómpre que os nenos se identifiquen con personaxes que viven estas experiencias con tranquilidade, e desta maneira, se decaten de que o descanso e o silencio son necesarios.

Do punto de vista formal, a historia está construída a partir de rimas, repeticións, enumeracións, e cunha linguaxe sinxela, que funciona moi ben cos máis pequenos. O xogo de onomatopeas, reforzado pola ilustración, dálle un ton lúdico á narración e marca un ritmo no que os oíntes poden participar.

A historia tamén se pode seguir perfectamente a través das ilustracións, cheas de tenrura e humor, e co estilo propio e as texturas inconfundibles de Alessandra Cimatoribus. Abofé que a simpática tartaruga e os seus amigos conquistarán axiña o lector, polo seu carácter amable e a súa forza expresiva.

En definitiva, un álbum para que reforcemos hábitos saudables e para que completemos o ritual de ir para a cama, cun conto, xusto antes de que nos venza o sono.

____

Editorial: OQO

Idioma: Gallego