Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A OLLADA DO DESEXO. OBRA GRÁFICA 1933-1973

€28,70
ISBN 9788482887357
A OBRA FOTOGRÁFICA DE BLANCO AMOR. Segundo deixou escrito o propio Blanco Amor, o seu arquivo fotográfico supera a cifra de 3.000 negativos. Galaxia recupera a obra fotográfica do autor da Esmorga coa publicación de A ollada do desexo, volume no que se inclúe unha selección de case 200 fotos, retratos, autorretratos, composicións paisaxísticas, vistas e fotos documentais.

Eduardo Blanco Amor, paralelamente ao seu labor de escritor e xornalista, desenvolveu durante toda a súa vida unha intensa actividade como fotógrafo, recollendo testemuños gráficos en todas as viaxes que realizou (Andalucía e Marrocos antes da Guerra Civil, Chile durante o exilio americano, Castela, Cataluña e Italia á súa volta a Galicia), amais de desenvolver unha importante obra fotográfica como retratista (serie de retratos de García Lorca, Aitana Alberti, persoeiros da Segunda República, autorretratos, emigrantes en Buenos Aires, etc.) e como observador orixinal e profundo da Galicia do seu tempo. O obxectivo do libro é difundir unha obra fotográfica de indubidable calidade estética, creativa e variada, atenta á paisaxe, á xente, aos efectos da luz e á composición da imaxe. A mirada de Eduardo Blanco Amor é unha mirada que expresa o desexo de apreixar o mundo, de contemplalo dende a propia experiencia. As fotografías que se recollen neste libro son a mostra dunha actividade á que se dedicou non dun xeito circunstancial senón cunha intención claramente estética e documental e como a expresión da súa necesidade de apreixar o mundo no que viviu, de integralo na súa vida e de tentar explicalo desde a súa propia concepción da realidade. Unha obra eminentemente artística, resultado do interese do propio autor polas tendencias fotográficas da época e da historia da fotografía que nela se ven reflectidas: expresionismo, pictorialismo ou reportaxe.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • ILLAS DE SAN SIMÓN E SAN ANTONIO: A RECUPERACIÓN DUN SITIO HISTÓRICO

    ILLAS DE SAN SIMÓN E SAN ANTONIO: A RECUPERACIÓN DUN SITIO HISTÓRICO

    VV.AA.
    €85,00

    A obra consta de dous tomos e un DVD incluido en carpeta. Os tres volumes, incluíndo o soporte do DVD, están luxosamente editados e incluídos nunh...

    Ver todos os detalles
  • OBRAS CASTELAO T.II

    OBRAS CASTELAO T.II

    Castelao
    €29,15

    A obra clave do pensamento galeguismo nunha coidada edición. Esta coletánea de ensaios é con seguridade o libro non de ficción máis coñecido e lido...

    Ver todos os detalles
  • GALEGOS NA DIÁSPORA

    Delmi Álvarez
    €24,50

    Un proxecto de fotografía documental con viaxes realizadas entre 1989 e 2009 na procura da diáspora galega nos cinco continentes. O proxecto está d...

    Ver todos os detalles
  • LA CASA DE LA TROYA

    LA CASA DE LA TROYA

    Librería Abrente
    €16,00

    La Casa de la Troya reflexa aspectos da sociedade santiaguesa e os seus costumes ó longo da segunda metade do século XIX. A pequena cidade serve de...

    Ver todos os detalles
  • OBRAS CASTELAO T.III

    OBRAS CASTELAO T.III

    Castelao
    €29,15

    Os escritos políticos de Castelao reunidos nun único volume. A edición deste libro supón reunir nun só volume os escritos de carácter político que ...

    Ver todos os detalles