Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

CONCEPCIÓN ARENAL: A CONCIENCIA DA RAZÓN

€15,00
ISBN 9788418445095
Entre os moitos actos previstos para celebrar o centésimo segundo aniversario do nacemento dunha das galegas máis ilustres, a ferrolá Concepción Arenal (1820-1893), algúns deles en suspenso pola crise sanitaria de 2020, salientou a exposición Concepción Arenal, a conciencia da razón, celebrada entre o 24 de setembro e o 12 de decembro no Colexio de Fonseca, exposición da que esta obra, ilustrada a toda cor, é catálogo. Incorpora, ademais, un elenco de once traballos monográficos de expertos sobre os máis variados aspectos da dimensión intelectual e vital da gran pensadora e activista social, ademais dunha exhaustiva bibliografía. É de destacar que unha boa parte do material expositivo son obras orixinais da pensadora que integran os fondos bibliográficos e documentais da Universidade compostelá, hoxe depositados na biblioteca intercentros chamada, precisamente na súa honra e perpetua memoria, Biblioteca Concepción Arenal.

____

Editorial: USC
Idioma: Galego