Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A MESTRA CORREMUNDOS

€14,00
ISBN 9788412160475
Do ganchete e xa co abrigo de entretempo, Pura e Dora pasean por Ourense nun periplo que as leva desde a Alameda até o parque do Barbaña, pasando pola estación de tren, a zona vella e outros lugares da súa querida cidade. Con todo, a andaina é tamén unha oportunidade para que Dora nos fale dunha muller valente e talentosa, amante das palabras e dos retos e que nunca dubidou en levar a cabo o que se propuña. A muller máis importante da súa vida: a súa irmá Pura Vázquez.

Arancha Nogueira naceu un domingo de setembro preguiceiro como todos os domingos de verán. Foi no ano 1989 en Ourense, terra da chispa, das castañas e dos Entroidos (e tamén de Pura e Dora Vázquez). Foi bastante corremundos, pero leva uns aniños afincada en Compostela.

De pequena quería ser escritora, profesora e actriz de musical. Agora confórmase con ser as dúas primeiras, pero segue cantando e bailando na casa, onde monta grandes producións teatrais. Sempre lle gustou a escola, onde aprendeu a escribir, que é probabelmente a cousa que máis lle gusta no mundo. Ademais, vén dunha familia de mestres: mamá, papá, a avoa Paz...

Leva moitos anos escribindo poesía e algúns publicando libros, como o único lugar onde ficar inmóbil, #hashtags para un espazo agónico ou Dente de leite, pero sempre se lle fan poucos e apetécelle escribir máis. Se cadra porque desfruta de contar historias e aprender cousas, a outras e a si mesma, igual que fan as mestras e as viaxeiras.

 



____

Editorial: Cuarto de inverno
Idioma: Galego
Colección: INFANTIL

También te podría interesar...

  • URALITA

    URALITA

    Iria Pinheiro,María Lado
    €16,50

    A actriz Iria Pinheiro e mais a poeta María Lado, nun proceso de escrita vivo, impúdico e singular déixanse levar polo ímpeto da transmisión oral p...

    Ver todos os detalles
  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles
  • ESTRELECER

    ESTRELECER

    Carlos Labraña
    €10,70

    Nun mundo onde as rapazas poidan ser libres. Para ler sen deixar de respirar.Un grupo de amigas atópanse pola noite nunha casa especial. Semella qu...

    Ver todos os detalles
  • A AVOA CANTA COMO A COTOVIA

    DIAZ NUÑEZ, CELIA
    €12,40

    Cantareiras. Letras galegas 2025.Accésit Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2024.Lembro ben a primeira vez que a avoa Oliva me cambiou o no...

    Ver todos os detalles
  • A MADRIÑA

    A MADRIÑA

    Mª Carme Caramés Gorgal
    €15,00

    Narración na que se contrapón a vida de Tareixa e Lola e as vicisitudes ás que se viron sometidas.Tareixa encamíñase cara ao que podería ser unha n...

    Ver todos os detalles