
Luz Fandiño (Santiago de Compostela, 1931-2024)
Tornara-se nas últimas décadas da sua vida umha figura central na vida cultural, social e política da cidade que a viu nascer.
Dumha conversa da Luz com esta mocidade que a admirava, no extinto Grupo de Estudos da Fouce, parte o texto que serviu de pau para erguer este palheiro. O historiador Antom Santos contextualiza este relato de vida com os momentos históricos que a atravessárom: a infância na Compostela obreira de pós-guerra - e a geografía popular da mesma -; a emigraçom á Argentina do primeiro peronismo e ao Paris do Maio revolucionário; e o seu regresso á Galiza pós-franquista.
Ela era Luz Fandiño, a poeta insubmisa, unha muller, como dicía ela, demasiado rebelde como para, por exemplo, estar nun partido político: "Eu vou co pobo porque son pobo. Nin a bandeira nin o himno nin a loita polo país son de ningún partido".
Nada na capital galega en 1931, concretamente no barrio de Sar, en 1952 fixo as maletas para desembarcar na Arxentina, desde onde emigra a Francia en 1962.
O retorno á Galiza foi en 1979, onde agroma a súa produción cultural, participando en volumes colectivos como Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (2003) e lanzando libros de poemas individuais, como Farangulliña de neve (1998) ou O pracer de envellecer (2014).
En 2018 foi galardoada co premio Mestres da Memoria, distinción outorgada pola sección de literatura de tradición oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e coa que se recoñece o labor de “informantes de literatura popular.
Xa o pasado ano 2023 recibiu, na modalidade 'Traxectoria', o Premio "Begoña Caamaño" á acción cultural pola igualdade de xénero. Este certame, que convoca a área de Cultura da Deputación da Coruña, busca recoñecer e pór en valor as traxectorias de colectivos e persoas comprometidas coa promoción da igualdade de xénero desde o pensamento feminista e desde o campo da cultura, tanto no ámbito territorial da provincia como no conxunto do país.
O xurado definira Fandiño como un "exemplo de coherencia, rebeldía e dignidade, pola súa loita polos dereitos das mulleres e por ser inspiradora para as novas xeracións, que a seguen a buscar para escoitar a súa abraiante peripecia persoal".
NÓS DIARIO 28/04/2024
_____
Editorial: COMPANHA EDITORA 03-2025
Idioma: galego/portugués
Páxinas: 88
BIOGRAFÍA
HISTORIA DE GALICIA