Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

ESTRITA NECESIDADE

€14,50
ISBN 9788418567056

Versos e fotografías compoñen a nova obra de Carlos Negro, ilustrada coas imaxes de Benxamín Otero. Leva por título Estrita necesidade e nela os autores renden homenaxe, escrita e visual, á xeración de pais e nais da posguerra, a uns tempos de racionamento, austeridade, duro traballo, afectos fondos e resistencia.
A carón dos versos de Carlos Negro emerxen as imaxes de Benxamín Otero, nun diálogo escrito e visual que se complementa á perfección.

Así describe a súa obra o seu autor Carlos Negro:

“Este libro establece un diálogo coa figura paterna, pescuda nas tensións íntimas da masculinidade, captura a relación entre un corpo e os obxectos que o rodean, entre as mans e a ferramenta, entre a palabra e os múltiples silencios que habitan nas elipses dunha biografía. Este libro retrata unha xeración de homes que nunca botou os restos de comida ao caldeiro do lixo. E deixa sobre o prato a prana dunha mazá, a esencia da luz, o termar da memoria entre as sombras. Este libro é de estrita necesidade, como as fotografías que o alumean“.

    _____

    Editorial: Alvarellos
    Idioma: Inglés