Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A ESCRITORA

€8,00
ISBN 9788412128086

A escritora, relato recollido en 1802 na recompilación Nouveaux contes moraux et nouvelles historiques, disfraza a experiencia persoal de Madame de Genlis no mundo das letras mediante unha intriga amorosa.

A protagonista é Natalie, unha moza viúva e cultivada que dá renda solta ao seu gusto por escribir, froito do seu espírito curioso e a súa grande imaxinación. Malia as advertencias da súa asisada irmá Dorothée, quen lle recomenda que manteña a súa afección na esfera privada, temorosa de que a fantasía comprometa a súa reputación, Natalie publica as súas obras e acada axiña éxito e recoñecemento. Por mor da súa crecente celebridade e tras varias peripecias sentimentais, a protagonista terá que sacrificar a súa historia de amor con Germeuil, quen, a pesar de amala, se sente traizoado pola súa fama.

A historia ilustra con ironía as dificultades coas que batían as mulleres escritoras nos séculos XVIII e XIX, poñendo en escena dous papeis femininos contrarios neste contexto: o de Dorothée, consagrada á familia e boa esposa; e o de Natalie, amante do coñecemento e a liberdade.
         
____


Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • OURIKA

    OURIKA

    Claire de Duras
    €7,00

    Madame Duras sentiu unha gran fascinación pola historia de Ourika –unha moza senegalesa educada pola familia Beauvau, á que a autora frecuentaba–, ...

    Ver todos os detalles
  • ANÍBAL E A PINTORA

    ANÍBAL E A PINTORA

    Xabier Paz
    €20,00

    Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia G...

    Ver todos os detalles
  • THÉRÈSE RAQUIN

    THÉRÈSE RAQUIN

    Émile Zola
    €15,00

    O autor realiza unha meticulosa disección dos pensamentos da parella formada por Thérèse e Laurent, os cales entran pouco e pouco nunha espiral ver...

    Ver todos os detalles
  • A OBRA

    A OBRA

    Bruno Sperani
    €14,50

    Determinadas pasaxes, coma as dos desaloxamentos ou as das indignas tretas dos patróns, resultan dunha actualidade a todas luces abraiante, e demos...

    Ver todos os detalles
  • O VERÁN SEN HOMES

    O VERÁN SEN HOMES

    Siri Hustvedt
    €16,50

    Escrita en primeira persoa, a obra é íntegra no plano intelectual e tamén no emotivo. Se cadra é por iso, e pola ironía que impregna cada páxina, p...

    Ver todos os detalles