Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CANTARES DA TERRA DAS FRIEIRAS. A GUDIÑA (CON CD)

€24,00
ISBN 9788496011427

Lembro que fora no curso 1985-86, cando servidor, recien chegado de Barcelona, empezara a impartir clases de gaita no colexio da Gudiña, por iniciativa de Xesús Barros. Dende aquela, sempre cautivou a miña atención a rica tradición musical destas terras, polo que alberguei longamente a esperanza de poder facer algo a favor deste importante patrimonio inmaterial tan ben gardado en lúcidas mentes da Terra das Frieiras.
Co paso do tempo, un bon día topeime co amigo Pepe Cruz, dito sexa de paso, gran coñecedor de todo o relacionado coa Terra das Frieiras e experto etnógrafo, que me acompañou en todo momento para realizar as reco-leitas que deron base a esta publicación.
Fomos recibidos nas propias casas dos informantes, brindándonos a súa hospitalidade e o seu saber; certa-mente, un bon refrexo da cultura, da forma de ser, do sentir e de vivir das nosas xentes. De todos eles recibimos importantísimas leccións. Dicía Béla Bartok que os días máis fermosos da súa vida eran os que pasou cos cam-pesiños húngaros durante as súas labores de recolleita. Precisamente as fontes populares foron inspiración do gran músico húngaro.

CÓMO NACERON OS CANTARES
AS FONTES DE INSPIRACIÓN
PERFIL TEMÁTOCO
A LITERATURA DE CORDEL
AS TRANSCRIPCIÓNS
CRITERIOS DE CALSIFICACIÓNAGRADECEMENTO

Volume I (ano 2003)

– Cantares da Terra das Frieiras
– A GudiÑa: un concello singular
– Cantares Varios
– Romances e Historias
– Cantares de Amor
– Rondas e Coplas
– Parrafeos
– Cantares da Seitura
– Cantares de Curas
– Cantares de Pastores
– Cantares de Milicia
– Cantares de Reis e Nadal
– Instrumentais

____

Editorial: Deputación de Ourense|Xunta de Galicia
Idioma: Galego
Páxinas: 244
TAPA DURA
CANCINEIRO POPULAR
MÚSICA TRADICIONAL