Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A BARCELONESA

€18,30
ISBN 9788491219149

En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos. Nesta novela tan persoal, Xabier Paz reconstrúe, coa súa habitual vocación estilística, os case cen anos de tensión entre a vida familiar e os acontecementos sociais que conforman as biografías particulares e vontades dos personaxes: a emigración cubana, o retorno triunfal, a guerra, a ruína económica e a loita pola supervivencia érguense como metáfora do país.A memoria vai compondo esta narración a dúas voces nun intento de completar a mera visión individual. Os dous narradores coa mesma partitura interpretan cadencias ben diferentes. O contraste entre a visión sensual e distante coa máis íntima e identitaria permite a contemplación contrastante dun pasado común. O edificio familiar, cumpridos os cen anos, aparece como sede da memoria doméstica e social, lugar onde reclamar os ausentes.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • A IRA DOS MANSOS

    A IRA DOS MANSOS

    Manuel Esteban
    €17,30

    O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que...

    Ver todos os detalles
  • OS SERES QUERIDOS

    Berta Dávila
    €16,95

    Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo ...

    Ver todos os detalles
  • A CASA DO PAI

    Karmele Jaio
    €16,50

    Jasone e Ismael son unha parella que arrastra certa crise dende que as fillas abandonaron a casa familiar. El, escritor, pasa por un momento de blo...

    Ver todos os detalles
  • A MAN DOS PAÍÑOS

    A MAN DOS PAÍÑOS

    Manuel Rivas
    €17,00

    Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíño...

    Ver todos os detalles
  • OS TRES DE NUNCA

    OS TRES DE NUNCA

    Nacho Taibo
    €23,00

    Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, t...

    Ver todos os detalles