Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

ARREDOR DE SI

€14,20
ISBN 9788482886497
Unha novela imprescindible para comprender a evolución da narrativa galega do século XX.

Publicada en 1930, cando o seu autor tiña 42 anos, pódese considerar a biografía espiritual dos homes da Xeración Nós. O seu protagonista, Adrián Solovio, é un dos personaxes que xa figuran no patrimonio literario galego. A súa historia é a da procura da identidade, a da descuberta do que representa Galicia como realidade con carácter e existencia de seu. Rexa, ben construída, cunha prosa efectiva que transmite ao lector unha gran capacidade para visualizar a narración a través dun estilo directo, de frase curta, Arredor de si conseguiu situar a novela galega na vangarda da época.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego