Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GRIAL 225-226

por VV.AA.
€16,00
ISBN WP57096
EDITORIAL GALAXIA UN PROXECTO ESTRATÉXICO.    

Galaxia naceu en 1950 para rachar co silencio. Naquela España claustrofóbica e encarcerada, onde nin sequera o aire se atrevía a ir ceibo. Naceu con esa idea: darlle voz a unha cultura, a unha lingua, a un sentimento e a unha maneira de estar no mundo. O fío viña de atrás. Do Seminario de Estudos Galegos. Das Irmandades da Fala. Da Xeración Nós. Dos soños de Manuel Antonio nun barco en alta aberto. Do que lle viña ao maxín a Castelao mentres limpaba as lentes nun instante de descanso pola Bretaña. Todos, entre todos, antes ca todos, soñaron Galaxia antes de que aquelas mulleres e aqueles homes afoutos sentasen e a fundasen naquela Asamblea no Hotel Compostela de Santiago. Era un 25 de xullo de 1950. A data non se escolleu ao chou. Galaxia é a consecuencia dun soño feliz no medio dunha realidade de pesadelo, dun ins- tante luminoso onde non había luz por ningures. E igual que os radiotelescopios se orientan cara ao ceo na procura do ruído derradeiro do Big Bang, nós, a diario, en canto abrimos ás 8 de cada mañá a porta da editorial, esforzámonos en escoitar o eco daquelas voces arredor dunha mesa, dun café, de Isla, de Piñeiro, de Del Riego, de Pedrayo…, voces case caladas e de cortinas pechadas porque o medo era moito, pero que falaban con claridade e que, dal- gunha maneira, nos trouxeron ata aquí. Celebramos 70 anos de existencia dunha editorial que é moito máis que unha editorial. E a frase non é un tópico. É radicalmente así. Pois cando se fundou decidiuse que a respon- sabilidade dos que a levasen adiante non ía ser o beneficio, coma noutra empresa máis, nin as vendas, coma noutra empresa máis, ou o crecemento ano tras ano, coma noutra empresa máis. Esta empresa —porque somos empresa con forma xurídica de Sociedade Anónima— pode gabarse de que “nunca” repartiu beneficios, porque, cando os hai, son todos, de novo, para o proxecto, para o soño, para a idea, para o camiño que levamos 70 anos facendo. Galaxia responde diante do país. Nin sequera diante dos seus accionistas. Diante de Galicia. Soa grandilocuente? Claro, claro que soa. Porque o é. Seguimos aquí. Polo menos, outros 70 anos máis. Sentados na mesa aquela do hotel Compostela. 25 de xullo de 1950. Non sabían que estaban facendo Historia. Nós si que o sabemos. E, fieis aos seus mandados, seguimos adiante. Impulsados por elas e por eles. Son os nosos azos e o exemplo que seguir de cada día. Son Galaxia. A que somos Nós. E sobre este soño feliz reflexionamos neste monográfico protagonizado por persoas que coñecen, e máis de primera man, a realidade pasada, presente e futura, de Editorial Galaxia. No pasamento de Xulio Amigo Este é un momento moi difícil e duro para os que formamos parte da familia da Editorial Galaxia, pois o pasado 21 de febreiro foi o inesperado pasamento do noso compañeiro e director comercial, Xulio Amigo. Traballador incansable, ilusionado e apaixonado polo tra- ballo, deixa un oco no noso corazón imposible de encher. Dende a Editorial Galaxia, as súas compañeiras e compañeiros, así como os membros do Consello de Administración, queremos transmitirlle á súa familia, en especial ás súas dúas fillas, motor completo da súa vida, o noso abrazo máis cálido. Na nosa memoria quedarán as interminables xornadas de traballo con Xulio, sempre cun sorriso, así como a súa fecunda imaxinación creativa que nos sorprendía todos os días. Xulio repetía sempre que Galaxia era unha prolongación do seu corpo. Así que hoxe sen- tímonos mutilados, sabedores de que a vida, tan inxusta tantas veces, nos arrincou para sempre un anaco de nós. Descansa en paz, compañeiro

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • GRIAL 224

    GRIAL 224

    VV.AA.
    €12,00

    Meirás: a sombra da ditadura. Ollar o mundo dende Galicia.    Velaquí o final dunha etapa, tempo de ilusión e traballo que puntualmente segue ch...

    Ver todos os detalles
  • GRIAL 223

    GRIAL 223

    VV.AA.
    €12,00

    Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda: Camiños explorados    Non é a primeira vez que GRIAL dedica atención especial a unha figura das nosas letras ou d...

    Ver todos os detalles
  • A LUZ CO TEMPO DENTRO

    Xesús Rábade Paredes
    €15,00

    A luz co tempo dentro pode lerse como un constante balanceo entre dúas realidades que interpelan e que nos mobilizan.A pulsión e revelación da exis...

    Ver todos os detalles
  • GRIAL 237

    VV.AA.
    €13,50

    A Real Academia Galega escolleu a Francisco Fernández del Riego como o persoeiro homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. O que fora preside...

    Ver todos os detalles
  • UNHA EDUCACIÓN DE PREMIO

    UNHA EDUCACIÓN DE PREMIO

    Selina Otero
    €14,00

    O reto de docentes que emocionan o alumnado cun ensino de vangarda e a mirada posta no futuro.Nas aulas dos institutos e dos colexios conviven alum...

    Ver todos os detalles