en pedidos superiores a 49,95€
Filtros
HISTORIAS DE TERRAMAR
A SAGA DE FANTASIA de Ursula K. Le Guin.
No arquipélago de Terramar hai dragones, magos e espectros, talismáns e poderes. É un mundo gobernado pola maxia e, ante todo, polas
palabras: cada cousa posúe o seu nome verdadeiro, o designado durante a Creación, cuxo coñecemento outorga aos feiticeiros o dominio sobre os elementos e os animais. As súas xentes, sinxelas e tranquilas, teñen como único obxectivo conseguir a paz e a sabedoría.
Ursula K. Le Guin (Berkeley, California, 1929 – Portland, Oregón, 2018) é unha das autoras de referencia no ámbito da novela fantástica e de ciencia ficción do noso tempo. Graduada en Literatura Francesa e Italiana do Renacemento, Le Guin trasladou o seu interese pola sociedade, a súa orixe e evolución, á meirande parte das súas obras literarias, así como o seu ideario feminista e ecoloxista. A súa produción inclúe vinte e tres novelas, doce libros de contos, once libros de poesía, trece libros para a cativada, cinco coleccións de ensaio e catro obras de tradución. Ao longo da súa traxectoria recibiu múltiples galardóns, entre os que destacan varios premios Hugo, Nebula e Locus, xunto co World Fantasy Award e a medalla da National Book Foundation. A súa grande achega á literatura fantástica son as novelas e contos de Terramar. A primeira novela delas, Un feiticeiro de Terramar, foi aclamada pola crítica e vendeu millóns de exemplares en todo o mundo.
-
O OUTRO VENTO.
URSULA K. LEGUIN€16,00| /HISTORIAS DE TERRAMAR VI O esconxurador Amieiro teme durmir. A súa amada esposa morreu e, en soños, chama por el á terra dos mortos, onde a herba m...
Ver todos os detalles€16,00| / -
CONTOS DE TERRAMAR
URSULA K. LEGUIN€16,00| /HISTORIA DE TERRAMAR V Explora Terramar neste novo volume da saga a través de cinco historias que ocorren antes ou despois da época das novelas, e ...
Ver todos os detalles€16,00| / -
TEHANU
URSULA K. LEGUIN€16,00| /HISTORIAS DE TERRAMAR IV Anos atrás, escaparon xuntos das sinistras Tumbas de Atuan. Ela era unha moza sacerdotisa illada e el un poderoso mago. Ag...
Ver todos os detalles€16,00| / -
UN FEITICEIRO DE TERRAMAR
URSULA K. LEGUIN€14,00| /Terramar é un inmenso arquipélago no medio dun océano sen limites definidos.Na illa de Gont vive Gabián, un neno posuidor dunhas habilidades máxica...
Ver todos os detalles€14,00| / -
UN FEITICEIRO DE TERRAMAR. HISTORIAS DE TERRAMAR I
Ursula K. Le Guin€16,00| /O mundo de Terramar réxese por un principio fundamental: o equilibrio entre a vida e a morte. A maxia é un elemento indispensábel, como descubrirá ...
Ver todos os detalles€16,00| / -
AS TUMBAS DE ATUAN. HISTORIAS DE TERRAMAR II
URSULA K. LEGUIN€16,00| /HISTORIAS DE TERRAMAR II Tenar é elexida Sacerdotisa Única dos antigos e innomeábeis poderes de Terramar, razón pola cal debe renunciar á súa famil...
Ver todos os detalles€16,00| /