en pedidos superiores a 39,95€
a partir de 39,95€
A SAGA DE FANTASIA de Ursula K. Le Guin.
No arquipélago de Terramar hai dragones, magos e espectros, talismáns e poderes. É un mundo gobernado pola maxia e, ante todo, polas
palabras: cada cousa posúe o seu nome verdadeiro, o designado durante a Creación, cuxo coñecemento outorga aos feiticeiros o dominio sobre os elementos e os animais. As súas xentes, sinxelas e tranquilas, teñen como único obxectivo conseguir a paz e a sabedoría.
Ursula K. Le Guin (Berkeley, California, 1929 – Portland, Oregón, 2018) é unha das autoras de referencia no ámbito da novela fantástica e de ciencia ficción do noso tempo. Graduada en Literatura Francesa e Italiana do Renacemento, Le Guin trasladou o seu interese pola sociedade, a súa orixe e evolución, á meirande parte das súas obras literarias, así como o seu ideario feminista e ecoloxista. A súa produción inclúe vinte e tres novelas, doce libros de contos, once libros de poesía, trece libros para a cativada, cinco coleccións de ensaio e catro obras de tradución. Ao longo da súa traxectoria recibiu múltiples galardóns, entre os que destacan varios premios Hugo, Nebula e Locus, xunto co World Fantasy Award e a medalla da National Book Foundation. A súa grande achega á literatura fantástica son as novelas e contos de Terramar. A primeira novela delas, Un feiticeiro de Terramar, foi aclamada pola crítica e vendeu millóns de exemplares en todo o mundo.
HISTORIAS DE TERRAMAR VI O esconxurador Amieiro teme durmir. A súa amada esposa morreu e, en soños, chama por el á terra dos mortos, onde a herba m...
Ver todos os detallesHISTORIA DE TERRAMAR V Explora Terramar neste novo volume da saga a través de cinco historias que ocorren antes ou despois da época das novelas, e ...
Ver todos os detallesHISTORIAS DE TERRAMAR IV Anos atrás, escaparon xuntos das sinistras Tumbas de Atuan. Ela era unha moza sacerdotisa illada e el un poderoso mago. Ag...
Ver todos os detallesTerramar é un inmenso arquipélago no medio dun océano sen limites definidos.Na illa de Gont vive Gabián, un neno posuidor dunhas habilidades máxica...
Ver todos os detallesO mundo de Terramar réxese por un principio fundamental: o equilibrio entre a vida e a morte. A maxia é un elemento indispensábel, como descubrirá ...
Ver todos os detallesHISTORIAS DE TERRAMAR II Tenar é elexida Sacerdotisa Única dos antigos e innomeábeis poderes de Terramar, razón pola cal debe renunciar á súa famil...
Ver todos os detalles