Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

BDG 70. A REVOLTA DO CÓMIC GALEGO

por VV.AA
€40,00
ISBN 9788497496643

A mostra "BDG70: a revolta do cómic galego" nace como resultado da investigación realizada en 2015 por Xulio Carballo para a súa tese doctoral sobre o cómic galego.

Esta exposición quere poñer de relevo a gran cantidade de artistas que, aínda en período ditatorial, canalizaron o seu pensamento antiautoritario e artístico a través dun medio aínda marginal, o cómic, e dunha lingua pretendidamente marginalizada, o galego.

A riqueza e variedade temática, das técnicas artísticas e dos diferentes formatos empregados non deixarán indiferente ao visitante, que con seguridade vai poder mergullarse na historia política e social dos anos setenta por medio da novena arte.

A exposición ten unha clara vocación tanto estética como didáctica e divulgativa, ao combinar o espertar creativo a respecto do cómic de diversos colectivos e autores e que marcarían un punto de inflexión na concepción artística do momento, cunha profunda carga social, reivindicativa e cultural que nos achegará unha clarificadora visión do tardofranquismo e da transición, así como da necesidade de xustiza social que lestes novos creadores demandaban.

A mostra ten como obxectivo recoller e presentar ao público as obras e documentos máis importantes e característicos do nacemento contemporáneo do cómic galego, que tería precisamente unha das súas primeiras manifestacines en NORMAL fai 43 anos, a través da cal conxugouse a denuncia social por medio dunha linguaxe nova, dun carácter transgresor e onde terían moita importancia as representacións dunha Galicia distópica enmarcada dentro da ficción científica, así como o seu achegamento aos medios de comunicación como periódicos ou revistas.

27 AUTORES: Alberte Permuy / Antón Patiño / Fran Jaraba / Gonzalo Navaza / Isaac Díaz Pardo / J. María Méndez / Luís Esperante / Miguel Docampo / Miguelanxo Prado / Oitabén / Paco Martín / Pepe Varro / Pepe Carreiro / Raimundo Patiño / Ricardo Lázaro / Rosendo Díaz Roxo / Saavedra Pita / Ulises L. Sarry / Xan Balboa / Xan López Domínguez / Xan Navarro / Xaquín Marín / Xesús Chichi Campos / Xiráldez / Xosé Díaz / Xosé Lois Carrabouxo/ Vicente Veiga

8 MÓDULOS:

1. ORIXES

2. VANGUARDIA

3. CIENCIA FICCIÓN

4. ESPAZOS EXPOSITIVO

5. ESCOLA

6. PRENSA

7. REVISTAS

8. COLECTIVOS


Textos: NORMAL Espazo de intervención cultural.


____

Editorial: Unicersidade da Coruña

Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • VOCES DE ATLÁNTICA

    Librería Abrente
    €32,60

    Vinte e cinco anos despois Atlántica segue a ser un referente na arte galega. O Museo de Arte Contempóranea de Vigo e Editorial Galaxia propoñen ne...

    Ver todos os detalles
  • MURGUÍA Nº 37

    MURGUÍA Nº 37

    VV.AA.
    €13,00

    Reviasta galega de historia. Co presente volume Murguía, Revista Galega de Historia celebra o seu quince aniversario. Década e media na que, inint...

    Ver todos os detalles
  • REO

    REO

    Xesus Fraga
    €13,50

    Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera. Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña no 201...

    Ver todos os detalles
  • MARUJA MALLO. A PINTURA DA NOVA MULLER

    MARUJA MALLO. A PINTURA DA NOVA MULLER

    Carlos López Bernárdez
    €15,00

    Maruja Mallo. A pintura da nova muller pretende un achegamento á obra pictórica de Ana María Gómez González (Maruja Mallo, Viveiro, 1902-Madrid, 19...

    Ver todos os detalles
  • CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA

    CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA

    Valentín Paz-Andrade
    €40,00

    Biografía dunha das figuras fundamentais da historia de Galicia, Castelao na luz e na sombra tamén retrata un período importante da historia do nos...

    Ver todos os detalles