Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
BOADICEA EDITORA

BOADICEA EDITORA

Alba Rozas, José Manuel Dopazo e Marcos López crearon Boadicea Editora en 2022 para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego. Centrámomos nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entroncando coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros.

Acheganmos tanto creación propia, dando voz a autoras e autores de Galiza, como a tradución de autoras e autores clásicos e actuais, coidando en todo momento a calidade das publicacións.

As súas obras van destinadas a todo o público lector: infantil (de 3 a 11 anos), xuvenil (a partir de 12 anos) e adulto (de 16 anos en diante).

As persoas fundadoras son filólogas e científicas especialistas, doutoras e investigadoras en lingua e literatura, docentes do ensino secundario e universitario. Teñen un longo percorrido na edición e corrección de textos, nomeadamente no ámbito da fantasía e da ciencia ficción.

  • PEGADAS DE BÚFALO

    Tomás Rivera
    €14,00

    O Salvaxe Oeste é un mundo tan perigoso como fascinante. Sarah Parsons descubrirao cando se mude coa súa familia ao territorio de Montana. A súa no...

    Ver todos os detalles
    €14,00