Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!
BOADICEA EDITORA

BOADICEA EDITORA

Alba Rozas, José Manuel Dopazo e Marcos López crearon Boadicea Editora en 2022 para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego. Centrámomos nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entroncando coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros.

Acheganmos tanto creación propia, dando voz a autoras e autores de Galiza, como a tradución de autoras e autores clásicos e actuais, coidando en todo momento a calidade das publicacións.

As súas obras van destinadas a todo o público lector: infantil (de 3 a 11 anos), xuvenil (a partir de 12 anos) e adulto (de 16 anos en diante).

As persoas fundadoras son filólogas e científicas especialistas, doutoras e investigadoras en lingua e literatura, docentes do ensino secundario e universitario. Teñen un longo percorrido na edición e corrección de textos, nomeadamente no ámbito da fantasía e da ciencia ficción.

  • A CORNAMUSA MÁXICA

    Evans, Gareth
    €17,00

    Gran Bretaña, ano 552 d.C. Unha illa dividida recupérase dos efectos dunha peste que a arrasou. Trátase dunha terra gobernada pola espada, onde...

    Ver todos los detalles
    €17,00
  • SALEM'S LOT

    king, Stephen
    €22,00

    Salem's Lot é un pobo tranquilo onde nunca pasa nada. Ou talvez isto son só aparencias, pois o certo é que si se están sucedendo diversos feito...

    Ver todos los detalles
    €22,00
  • DONAIRA

    Charlotte Perkins Gilman
    €18,00

    Un piloto con alma de conquistador, un médico de espírito romántico e un sociólogo curioso deciden emprender unha expedición despois de escoita...

    Ver todos los detalles
    €18,00
  • HOMES DE ARMAS

    TERRY PRATCHETT
    €19,00

    Os tempos están a cambiar na Garda Nocturna de Ankh-Morpork.Contratáronse novos recrutas para reflectir a diversidade da cidade, incluíndo o ca...

    Ver todos los detalles
    €19,00
  • CAMPAMENTOS DE VERÁN 7G

    NEREA LOIOLA PIKAZA
    €16,00

    ESTE LIBRO É DIFERENTE.O que ocorra nesta historia está nas túas mans.Ti es quen decide.Atoparás riscos, dilemas e aventuras. Terás que tomar decis...

    Ver todos los detalles
    €16,00
  • A PRINCESA DOURADA

    ANXO MOUZO MOREIRA
    €14,00

    Xosé e Marica son de Camelle e viven porta con porta. A Xosé encántalle xogar ao fútbol e pasar tempo con Marica. Non obstante, o día que ela fai q...

    Ver todos los detalles
    €14,00
  • A CAÍDA DE GUIOMAR

    Alex Bayorti
    €14,00

    Tras un século baixo a protección da raíña Guiomar , as terras de Eabaca vense ameazadas polo aparición dun monstruoso cabalo e a chegada da Orcave...

    Ver todos los detalles
    €14,00
  • GARDAS! GARDAS!

    TERRY PRATCHETT
    €19,00

    Unha novela do mundodisco. O idealista anano de case dous metros, Cenoria, entra na Garda da Noite da cidade de Ankh-Morpork, a máis grandiosa ...

    Ver todos los detalles
    €19,00
  • DE CANDO OS ANIMAIS TAMÉN ERAN XENTE

    MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ
    €14,00

    Un galo de alta crista fachendoso e falangueiro, unha píntega rastreira cobizosa e pezoñenta e un burro que di que burro foi toda a vida aínda que ...

    Ver todos los detalles
    €14,00
  • TRICKSTAR

    MANUEL ESTEBAN DOMÍNGUEZ
    €17,00

    Ano 2076. Nunha Terra a piques de colapsar, a vida no espazo semella a única esperanza para a humanidade. Julie Alban é arquitecta de sistemas, per...

    Ver todos los detalles
    €17,00
  • AS ÁNIMAS DO SAMAÍN

    ALBA ROZAS;JOSÉ MANUEL DOPAZO
    €12,00

    Tres curmáns, Cibrán, Roque e Xasmín, celebran o Samaín. Xuntos tallarán calacús, deixarán comida e o lume prendido para as ánimas, irán pedir esmo...

    Ver todos los detalles
    €12,00
  • DORMEN BAIXO TERRA

    Vanesa Santiago
    €14,00

    Erea acábase de mudar a Leiro, unha vila no medio das montañas onde nada é o que parece. Na mina aberta no alto do monte non deixan de se suceder a...

    Ver todos los detalles
    €14,00
  • ASUNCIÓN E AS CONSTELACIÓNS

    ALBA ROZAS;JOSÉ MANUEL DOPAZO
    €12,00

    A estación espacial Asunción dá voltas arredor da Terra para observar as constelacións. Na súa viaxe irá percorrendo o hemisferio norta para descub...

    Ver todos los detalles
    €12,00
  • A MALDICIÓN DE HILL HOUSE

    SHIRLEY JACKSON
    €18,00

    Catro persoas chegan a unha mansión notoriamente hostil chamada Hill House. Trátase, por unha banda, do doutor Montague, un erudito do ocultismo...

    Ver todos los detalles
    €18,00
  • NIÑO MALDITO

    ROBERTO A. RODRIGUES
    €17,00

    Niña maldito é unha antoloxía de catro relatos xurdidos das tebras, dese arrepiante e húmido lugar que é o inferno da mente. Nestas páxinas non...

    Ver todos los detalles
    €17,00
  • LAPISLÁZULI. O REGRESO DAS SUPERGUERREIRAS

    ALBA ROZAS
    €18,00

    Nun mundo escindido entre a maxia e a tecnoloxía, feiticeiras e feiticeiros caciques gobernan co pretexto de salvagardar a xente do común dunha...

    Ver todos los detalles
    €18,00
  • O ANDROIDE SIMÓN

    ALBA ROZAS;JOSÉ MANUEL DOPAZO
    €12,00

    O androide Simón ten a súa casa no planeta anano Plutón, pero quere viaxar a outros lugares para pasar uns días de vacacións. Por iso irá percorren...

    Ver todos los detalles
    €12,00
  • OS DERRADEIROS DÍAS DE NOVA PARÍS

    CHINA MIÉVILLE
    €19,00

    1941. No caos da Marsella en guerra, el enxeñeiro y ocultista estadounidense Jack Parsons atopa un grupo clandestino antinazi, do que fai parte...

    Ver todos los detalles
    €19,00
  • A COSTA MÁIS AFASTADA. HISTORIAS DE TERRAMAR III

    URSULA K. LE GUIN
    €16,00

    HISTORIAS DE TERRAMAR III A escuridade ameaza con se apoderar de Terramar.Mentres o mundo e os seus magos están a perde a maxia, Ged, o poderoso Ar...

    Ver todos los detalles
    €16,00
  • NOITE NO CEMITERIO

    CARLOS VEGA
    €12,00

    No alto do cemiterio de Vilatorcida érguese unha casa que só abre as súas portas ás pantasmas. O terrorífico Conde Silas, dono da mansión, coa axud...

    Ver todos los detalles
    €12,00
  • GASTRULACIÓN

    PABLO PESADO
    €14,00

    O desenvolvemento da embrioloxía durante o século XIX encobre unha verdade a contrafío: que a evolución da vida sobre a terra é un compo de batalla...

    Ver todos los detalles
    €14,00
  • O BIOSBARDO E OS PAXAROS SEN COR

    Alba Rozas, José Manuel Dopazo
    €12,00

    Cando o biosbardo pasou a pita do monte, a pega, o picapeixe, o verderol… e até sete paxaros quedaron sen cor! Queres saber como son e o que argall...

    Ver todos los detalles
    €12,00
  • O TESOURO DO CARANGUEXO

    Alba Rozas, José Manuel Dopazo
    €12,00

    O caranguexo da pinza de ouro é o dono dun gran tesouro feito de cunchas. Non obstante, fáltanlle sete para que estea completo. Por iso falará coa ...

    Ver todos los detalles
    €12,00
  • UN FEITICEIRO DE TERRAMAR. HISTORIAS DE TERRAMAR I

    Ursula K. Le Guin
    €16,00

    O mundo de Terramar réxese por un principio fundamental: o equilibrio entre a vida e a morte. A maxia é un elemento indispensábel, como descubrirá ...

    Ver todos los detalles
    €16,00