XOGAR COA PÓLVORA. A EDUCACIÓN DAS MULLERES E AS MULLERES COMO EDUCADORAS
En Xogar coa pólvora, Narciso de Gabriel arma o libro arredor de tres homes ilustrados: Feijoo, Sarmiento e Vicente do Seixo; tres mulleres ilustres: Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán; dous eventos: os debates que sobre a educación feminina tiveron lugar no Ateneo da Coruña en 1859 e no Congreso Pedagóxico Hispano-Portugués-Americano celebrado en Madrid en 1892, e dous procesos históricos: o acceso das mulleres á escola e ao profesorado.
A tese central condénsase no subtítulo: a necesidade de educar as mulleres xustificouse historicamente atendendo á súa función de nais educadoras. Unha educación que, así e todo, non estaba exenta de riscos, sobre os que algúns alertaban: a ilustración das mulleres podía desvialas do camiño que a sabia natureza lles marcaba. Non conviña xogar coa pólvora.
Narciso de Gabriel
É catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña. Foi director do Departamento
de Pedagoxía e Didáctica (1993-2005) e decano da Facultade de Ciencias da Educación (2005-2012).
Os seus libros máis recentes son Elisa e Marcela. Amigas e amantes (2019), Xosé María Álvarez Blázquez, mestre republicano (Editorial Galaxia, 2019), Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés (Editorial Galaxia, 2021) e Os mestres mortos daquel verán (Editorial Galaxia, 2023).
Recibiu os premios de investigación María Barbeito, Losada Diéguez e da Crítica por Escolantes e escolas de ferrado (2001) e o Concepción Arenal por Ler e escribir en Galicia. A alfabetización dos galegos e das galegas nos séculos XIX e XX (2006). Na actualidade dirixe Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación.
____
Editorial: Galaxia 10-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 184
Col: MEMORIA
EDUCACIÓN
FEMINISMO